miércoles, 1 de diciembre de 2021
GAÑADORES DO CONCURSO DE ILUSTRACIÓN: TRAZANDO A IGUALDADE
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 19:17 0 comentarios
jueves, 25 de noviembre de 2021
Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Recollemos aquí algunhas das ilustracións que se presentan na exposición "Trazando a Igualdade". Lembrade que podedes visitala ata o vindeiro 30 de novembro de 2021.
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 10:39 0 comentarios
lunes, 22 de noviembre de 2021
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER: EXPOSICIÓN "TRAZANDO A IGUALDADE"
Desde a Biblioteca do IES Moncho Valcarce queremos conmemorar a celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller invitándovos a visionar a exposición "Trazando a Igualdade" que recolle os traballos diseñados polo noso alumnado do primeiro ciclo da educación secundaria. Os debuxos e viñetas presentadas pretenden sensibilizar a toda a nosa comunidade educativa sobre a violencia machista e apelar ó rechazo de calquer tipo de violencia contra as mulleres. A exposición permanecerá aberta entre os días 22 a 30 deste mes de novembro de 2021.
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 12:50 0 comentarios
jueves, 28 de octubre de 2021
LECTURAS FANTÁSTICAS
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 10:40 0 comentarios
domingo, 24 de octubre de 2021
CONCURSO DE DEBUXO "TRAZANDO A IGUALDADE"
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 23:50 0 comentarios
jueves, 21 de octubre de 2021
DÍA DA BIBLIOTECA (24 DE OUTUBRO DE 2021)
Co obxectivo de destacar a importancia das bibliotecas escolares como lugar de encontro, conservación e difusión da diversidade cultural achegamos información dos programas destinados a fomentar a lectura e das posibilidades de aceso ós fondos bibliográficos que se ofertan desde as distintas bibliotecas públicas de Galicia.
- Enlace á rede de Bibliotecas Públicas de Galicia: https://rbgalicia.xunta.gal/es/
- Enlace á Plataforma Galega de préstamos de libros electrónicos: https://www.galiciale.gal/
Cartel e lema da Consellería de Cultura, Educación e Universidade polo día da Biblioteca para o presente ano 2021.
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 10:26 0 comentarios
martes, 28 de septiembre de 2021
ALGO ESPECIAL ESTÁ A PIQUES DE CHEGAR...
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 23:43 0 comentarios
lunes, 24 de mayo de 2021
A ALUMNA DO IES MONCHO VALCARCE GAÑA UN CONCURSO DE POESÍA
A alumna de 2º de BAC B do IES Moncho
Valcarce Miriam Castro Seoane resultou gañadora do segundo premio do Premio Internacional «Miguel Fernández», na súa XXVII Edición, destinado a novos escritores en lingua castelá, convocado polo IES Miguel Fernández de
Melilla.
O concurso destinouse a rapaces e rapazas de
entre 14 y 18 años nas modalidades de
Narrativa e Poesía.
Aquí vos deixo un enlace ao fallo do xurado:
https://www.instagram.com/tv/CO2IbDSHL8u/?utm_medium=copy_link
Desde a biblioteca, felicitamos sinceramente á alumna Miriam Castro Seoane.
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 20:52 0 comentarios
GAÑADOR DO PREMIO DE RELATO DO IES MONCHO VALCARCE
Xa temos os gañadores do noso tradicional certame de relato.
O fallo do xurado foi o seguinte:
Como gañador indiscutible, o relato de Antón de la Fuente Vivero.
Un divertido relato baseado na literatura medieval, en concreto na personaxe da Celestina de Fernando de Rojas.
Se che interesa ler o texto, poderás facelo na edición deste ano da revista:
O buk de Monchín.
Felicitacións a Antón... e a todos os participantes.
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 20:39 0 comentarios
miércoles, 19 de mayo de 2021
LETRAS GALEGAS 2021
Exposición comunitaria da obra literaria de Xela Arias homenaxeada neste noso Día das Letras Galegas.
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 20:58 0 comentarios
miércoles, 12 de mayo de 2021
I CONCURSO DE ESOPÍAS
O equipo de Normalización e Dinamización do IES Moncho Valcarce organiza o I Concurso de Esopías. Dito certame está dirixido a todo ó alumnado do noso centro educativo e a súa participación estará aberta ata o vindeiro 21 de maio. Animádevos a participar!
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 22:11 0 comentarios
sábado, 24 de abril de 2021
DÍA DO LIBRO
Con motivo do Día do Libro desde a biblioteca do IES Moncho Valcarce desenvolvéronse, en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüistica do centro e o Departamento de Bioloxía, varias iniciativas das que damos conta a continuación.
- Recital poético: un grupo de alumn@s de 3º ESO declamaron varios poemas clásicos da literatura galega así como algunhas composicións orixinais de creación propia.
- Exposición de fondos bibliográficos relacionados coa lectura transinclusiva.
- Celebración do Día da Terra coa lectura pública e comunitaria de textos de sensibilización medio-ambiental- Algunhas desas intervencións foron incluídas no noso Instagram baixo o hashtag #lendonatureza@ceidagalicia.
- Fallo do concurso literario. Neste senso apuntar que resultaron gañadores os alumnos Antón de la Fuente Vivero (nivel 3º-4ª ESO) e Óscar Barro Piñón (nivel 1º-2º ESO). Grazas a tod@s pola vosa participación e noraboa ós gañadores.
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 14:08 0 comentarios
martes, 6 de abril de 2021
NOVA SELECCIÓN PARA O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS
Xa vamos co noso terceiro libro de lectura do curso.
Como non facemos reunións presenciais, agradecemos aos participantes as colaboracións que acheguen, as suxestións e as recensións. Podes envialas a bukdemonchin@gmail.com
Tamén podes facelo polo grupo de whatsapp.
Publicaremos as túas opinións na nosa revista.
Grazas por participar.
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 0:01 0 comentarios
lunes, 5 de abril de 2021
CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA (21 DE MARZO)
O luns 22 de marzo conmemoramos o día da poesía cunha actividade para achegar aos alumnos a este xénero literario.
A través do blog, das redes sociais (instagram) e nas aulas...
informouse aos alumnos de que recibirían un bombón e un poema se asistían á biblioteca. O poema foi un texto plastificado a modo de marcapáxinas.
Ademáis, os alumnos que se atreveron a recitar o seu poema no salón de actos recibiron ademáis un agasallo en verso.
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 19:55 0 comentarios
CHARLA NO CLUB DE LECTURA CON MOTIVO DO DÍA DA MULLER
Con motivo do día 8 DE MAIO,
a alumna de segundo de bacharelato Miriam Castro
participou nun coloquio co alumnado sobre temas de igualdade, feminismo e violencia de xénero.
O obxectivo foi coñecer o xeito en que os alumnos e alumnas perciben as conductas sexistas, as desigualdades e outras formas de violencia de xénero.
Seguiremos afondando neste coloquio coa intención de incorporar algunha aportación para a nosa revista.
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 19:44 0 comentarios
miércoles, 24 de febrero de 2021
Día Internacional da Muller (8 de Marzo): Libros coeducación
Desde a nosa biblioteca escolar poñemos a disposición do alumnado e dos distintos departamentos didácticos material propio dos nosos fondos para traballar a coeducación co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 19:09 0 comentarios
DÍA DA ILUSTRACIÓN
O pasado 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Castelao, a Xunta de Galicia celebrou o día da Ilustración. Para celebralo o departamento de Educación Plástica e Visual baixo a coordinación dos seus profesores, Silvia e Toni, analizou a función da arte ilustrativa e a súa influenza no mundo actual.
As creacións do seu alumnado de Educación Secundaria están a ser expostos e a disposición de toda a comunidade educativa nos paneis acristalados da nosa biblioteca escolar. Xunto cos traballos inclúense uns códigos QR que proporcionan información sobre divers@s ilustrador@s e sobre lugares online de interés xeral relacionados coa ilustración. Quedades invitados a visitar esta orixinal exposición e grazas a tod@s pola vosa implicación.
Publicado por Biblioteca IES Moncho Valcarce en 18:20 0 comentarios