Con motivo do Día do Libro desde a biblioteca do IES Moncho Valcarce desenvolvéronse, en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüistica do centro e o Departamento de Bioloxía, varias iniciativas das que damos conta a continuación.
- Recital poético: un grupo de alumn@s de 3º ESO declamaron varios poemas clásicos da literatura galega así como algunhas composicións orixinais de creación propia.
- Exposición de fondos bibliográficos relacionados coa lectura transinclusiva.
- Celebración do Día da Terra coa lectura pública e comunitaria de textos de sensibilización medio-ambiental- Algunhas desas intervencións foron incluídas no noso Instagram baixo o hashtag #lendonatureza@ceidagalicia.
- Fallo do concurso literario. Neste senso apuntar que resultaron gañadores os alumnos Antón de la Fuente Vivero (nivel 3º-4ª ESO) e Óscar Barro Piñón (nivel 1º-2º ESO). Grazas a tod@s pola vosa participación e noraboa ós gañadores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario