miércoles, 30 de enero de 2008

30 de Xaneiro, Día da Paz





É un bo día para lembrar a unha das persoas que máis traballaron pola paz no século XX: Gandhi.

Albert Einstein dixo referíndose a el: "As xeneracións vindeiras case non poderán crer que un ser humano así pisara esta terra".


Mahatma Gandhi non foi nin un militar, nin un gran gobernante, nin sequera un grande intelectual, pero converteuse en todo un símbolo de paz, conseguindo o que outros, antes, non puideron.


En 1982, e despois de 20 anos de traballo, o director de cine Richard Attenborough estrenou en Nova Delhi unha película baseada na súa vida. Unha épica obra mestra que retrata o pensamento e alma dun home que imprimiu a súa xente a esperanza, a través dun modo de sentir e vivir diferente: o único camiño que coñecía para conquistar o tesouro máis grande do ser humano, que é a liberdade. Galardoada con nove Oscars da Academia de Hollywood, entre os que destacan mellor película, director, actor e guión orixinal, ademais de cinco Globos de Ouro e mumerosos premios da Academia Británica, da Asociacións de Críticos de cinema de Los Ángeles e Nova York.


Unha mirada ao corazón a e a alma dun home cuxa victoria cambiou o mundo para sempre.


No hay comentarios: