miércoles, 6 de febrero de 2008

Outro gato no noso club de lectura



Edgar Allan Poe escribe un relato titulado "O gato negro" que é a próxima lectura colectiva na nosa biblioteca.

É unha obra de profundo dramatismo, onde se conxugan descripcións escalofriantes, de fondo contido psicolóxico, revolvendo na mente e nos sentimentos dunha persoa que está esclavizada polo alcol. A transformación dun ser humano, sensible e piadoso, nun cruel individuo carente de sensibilidade ante a dor allea, que resulta ser ao fin, a vítima das súas propias accións.Un gato negro, obxecto do seu sadismo, padecerá horribles tormentos antes de ser asasinado polo seu propio dono, quen ese mismo día sufrirá o incendio da súa vivenda.Obra da casualidade, ou non, outro gato negro, moi semellante ao anterior, irrumpirá na vida do protagonista, con algún fin misterioso e vengativo.

1 comentario:

Sara dijo...

Sen dúbida, este relato gustoume máis co gato branco.É algo "macabra" a historia en si,pero fíxome que o lera sen despistarme en algún momento.Non dá medo,pero é curioso o argumento.