miércoles, 22 de abril de 2009

Lúa más eu

Este é o título do relato de Claudia Pico Martínez de 1º ESO B ven de acadar hoxe mesmo un premio no I Certame de relatos curtos "Amigos para sempre"
Estaba organizado polo Consello da Xuventude de Galicia.
A Editorial Sálvora lanzou un libro cun total de vinte relatos, entre os que se atopan os gañadores do certame e outros seleccionados de entre os participantes.
Un tanto por cen dos beneficios das vendas deste libro destinarase á Asociación protectora de animais e plantas de Lugo.
Parabens para esta prometedora escritora, un orgullo que estea no noso centro e unha iniciativa da CXG que compartimos e apoiamos.

O texto comeza así: " Era unha tarde de outono, había pouco que escampara e pediralles ós meus pais permiso para ir apañar algúns cogomelos ó piñeiral máis próximo, estaba situado xusto ó lado da estrada principal do lugar. Collín o bocadillo de xamón que me acababa de preparar a avoa, metín o caravel debaixo do brazo e encamiñeime pola estrada adiante ata que pasados uns cinco minutos cheguei ao devandito piñeiral, crucei a estrada e comecei a adentrarme por entre os matorrais e os piñeiros. Entre tanto ía cavilando e preguntándome como sería o lugar de Ribacova se nel houbese algún neno máis ca eu, de seguro que así tería con quen xogar ó escondinte e ó pilla-pilla, pois eu soa non podía e mamá, papá e a avoa tiñan sempre moito que facer co gando..."

Se queredes ler o texto completo tédelo neste enlace.




No hay comentarios: