Son personaxes dunha serie de animacións audiovisuais dirixidas aos mozos, nenos e á comunidade escolar encargadas pola Axencia Vasca de Protección de Datos (AVPD, ), coa colaboración de PantallasAmigas e o asesoramento do Goberno Vasco, Departamento de Educación, Investigación e Universidades.
Ademais existe unha guía dirixida ao profesorado en formato PDF que podes descargar desta páxina.
Nesta páxina web pódese acceder tamén a diversos proxectos, entre eles: Kontuzdatos.Ti decides (15-17), Manuais de uso de Tecnoloxías para rapaces (9-11; 12-14; 15-17).
Os obxectivos finais do recurso son:
- Que os nenos e nenas aprecien o valor que teñen os seus datos persoais e os doutras persoas, particularmente en medios dixitais. E isto porque a través destes datos poden ser identificados, transmiten unha imaxe de si mesmos e terceiras persoas poden tomar decisións que lles afecten.
- Que os nenos e nenas desenvolvan unha actitude consciente e activa no control da información persoal, propia ou doutras persoas.
A idea básica, común a todas as animacións, é que é importante controlar e protexer a información sobre un mesmo e tamén os datos doutras persoas.
As animacións son pequenos cortos de uns 2 minutos cada unha. Presentan aos seus protagonistas, Reda e Neto (nomes recreados a partir dos termos Rede e a súa equivalente Net), en catro aventuras diferentes que queren ilustrar simbólicamente as seguintes ideas:
1. Tes moitos datos persoais e a túa imaxe tamén é moi importante: Atrapados na pócima máxica
2. Os teus datos persoais son un tesouro, protéxeos: Coidando o tesouro fronte aos piratas
3. Tes dereito a non dar todos os teus datos persoais: Aventura medieval e troque de datos
4. Os datos persoais dos demais non che pertencen, pero protéxeos coma se fosen teus: Mensaxeiros interplanetarios.
Despois do visionado de cada animación, propóñense cuestións para o debate que permiten experimentar en contexto real as ideas que as aventuras transmiten. Ademais, relaciónanse actividades a desenvolver coa familia, cuxo obxectivo tamén é sensibilizar a esta do seu papel educativo no uso das tecnoloxías da información e comunicación (TIC), rol que só pode levar a cabo compartindo con eles o uso das mesmas.
Tamén podemos atopar enlaces interesantes coma estes:
Sitios relacionados coa seguridade en Internet e a protección de información persoal
- SegurSarean, por unha Internet máis segura
- Proyecto Susi - Uso máis seguro dos Servizos en Internet
- Página web de Panda Security e INTECO
- Oficina de Seguridad del Internauta - OSI
- Asociación sin ánimo de lucro contra la pornografía infantil
- Pautas para el uso seguro y crítico de las pantallas (TV e Internet)
- EducaRed, sitio para aprender e innovar mediante Internet
Grazas a Cristina Novoa da Asesoria de Bibliotecas por estar sempre ao tanto e transmitirnos a información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario