viernes, 22 de marzo de 2013

CERTAME CURTAMETRAXES



  
Desde a nosa Biblioteca convócase un certame de curtametraxes coas seguintes bases:

  1. A convocatoria vai dirixida a toda o alumnado matriculado durante o curso 2012-13 no IES Moncho Valcarce.
  1. Os cortos poderán estar rodados tanto en lingua galega como en lingua castelá.
  1. O traballo pódese presentar a título individual ou en grupo. O número máximo de compoñentes dun mesmo grupo será o de 5 membros.
  1. As produccións terán unha duración de entre 5 e 15 minutos. Serán presentadas en formato compatible con PC.
  1. Temática: o traballo terá que estar inspirado na Casa Encantada de As Pontes (misterios, pantasmas, mortes estranas e inesperadas,...).
  1. Establécese unha categoría única.
  1. Haberá tres premios:
            1º Premio: Lote películas e CDs musicais.
            2º Premio: Lote películas.
           3º Premio: Lote material escolar.

    8. As produccións presentaranse asinadas cun título e un pseudónimo paro o autor individual ou grupo. Nun sobre pechado figurará a identidade do autor/autores e o seu curso.

    9. Os traballos orixinais entregaranse na biblioteca do IES. O plazo de admisión finaliza o venres 24 de maio de 2013.

    10. O xurado estará composto por membros (profesores e alumnos) do Clube de lectura “A Casa Encantada”.

    11. O acto de entrega dos premios terá lugar na biblioteca do centro nunha data aínda sen determinar.

    12. As curtametraxes presentadas poderán ser proxectadas na biblioteca e/ou incluídas no blog da mesma.

    13. A participación no Certame implica a total aceptación destas bases.



                                                                             As Pontes, a 22 de marzo de 2013






viernes, 8 de marzo de 2013

Certame literario: A casa encantada. Relatos gañadores(I)

Casa abandonada (Detroit)
Xa temos os gañadores do Certame literario "A casa encantada".
Os gañadores do primeiro premio son:
1º ciclo da ESO: Nerea Guerreiro Santalla, de 2º de ESO- Ler: A casa de Mariña.
2º ciclo da ESO: Tamara Pérez Permuy, de 3º de ESO- Ler: O asasino da casa encantada.
Bacharelato: Carmen López Chao, de 1º de bacharelato. Ler: La casa encantada.

Esperamos que disfrutedes coa lectura.
Noraboa ás tres!