BIBLIOTECA IES MONCHO VALCARCE.
I CERTAME LITERARIO DE VIDEOPOEMAS
BASES
11.- A
convocatoria vai dirixida a toda a comunidade educativa do IES Moncho Valcarce.
Cada participante presentará un só videopoema.
2.2.-
Os
videopoemas deben incluír os elementos seguintes:
a) Conter polo menos 5 imaxes.
b) Combinadas con textos poéticos de poetas das diferentes
literaturas.
c) Levar un fondo musical.
d) Conformando un arquivo de vídeo.
33.- Os
textos poden estar en calquera das catro linguas estudadas no instituto
(galego, castelán, francés ou inglés).
44.-pódense
empregar as ferramentas dixitais que se consideren oportunas (MovieMaker,
Photopeach, Audacity, etc).
55.-
Establécense
dúas categorías con tres premios cada unha:
a) Alumn@s do centro.
b) Adultos (pais e nais, profesorado e persoal non docente).
66.-
Os videopoemas
entregaranse na biblioteca nun lapis de memoria ou serán remitidos á seguinte
dirección de correo electrónico:
77.-
O prazo
de admisión finaliza o 12 de maio de
2014.
88.-
O xurado
estará composto polos membros da equipa da biblioteca e da AMPA.
99.- O acto
de entrega dos premios terá lugar na biblioteca do centro nunha data aínda sen
determinar durante o mes de maio.
110.- As obras presentadas serán expostas nos blogs da
biblioteca e na páxina de facebook da mesma.
111.- A participación no Certame implica a total aceptación
destas bases.
ORGANIZA: Biblioteca IES Moncho Valcarce.
COLABORA: AMPA o Brixeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario