É unha forma distinta de acechagarse aos libros: ler a versión en imaxes dunha novela. Estas son algunhas propostas:
-Will Eisner: El cómic y el arte secuencial e La narración gráfica, son dúas obras onde ti podes aprender a crear novela gráfica. Eisner bríndase como o teu maestro. Estas dúas obras son estupendas para aprender a coordinar historia e texto.
-Pioneira do cómic en Irán coa historia da súa vida, a de unha muller marcada por unha educación entre dúas culturas que loita por vivir segundo os seus principios, Marjane Satrapi : Persépolis.
-Maus, é o único cómic merecedor do premio Pulitzer. Art Spiegelman, autor desta obra reconstrue os momentos que seu pai lle relata do horror dos campos de exterminio nazi e as secuelas que lle deixara a tormentosa relación co seu pai, o suicidio da súa nai e o recordo dun irmán que non chegou a coñecer.
-Kiki de Montparnasse, relata unha vida e unha época apasionantes. A protagonista foi durante máis de vinte anos a musa do barrio parisino de Montparnasse. Vanguardista e liberal, posou para os mellores pintores e relacionouse cos artistas máis relevantes...e May Ray, o seu amor durante varios anos. Publicada por José- Louis Bouquet e Catel Muller en Editorial Sins Entido.
Por último
-Unha historia para todos os públicos, a de Hugo Cabret, un neno orfo que adica o seu tempo libre a manter en hora os reloxos da estación de tren na que vive e a arranxar un antigo autómata. La invención de Hugo Cabret de Brian Selznick, en S.M.
Anímote a lelas, cóntame logo se mereceu a pena!
Mostrando entradas con la etiqueta Brian Selznick. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Brian Selznick. Mostrar todas las entradas
lunes, 22 de febrero de 2010
Eloxio da novela gráfica
Publicado por
Endora
en
19:20
0
comentarios
Etiquetas: Art Spiegelman, Brian Selznick, Catel Muller, José- Louis Bouquet, Marjane Satrapi, Maus, Persépolis, Will Eisner
Suscribirse a:
Entradas (Atom)