lunes, 22 de febrero de 2010

Eloxio da novela gráfica

É unha forma distinta de acechagarse aos libros: ler a versión en imaxes dunha novela. Estas son algunhas propostas:
-Will Eisner: El cómic y el arte secuencial e La narración gráfica, son dúas obras onde ti podes aprender a crear novela gráfica. Eisner bríndase como o teu maestro. Estas dúas obras son estupendas para aprender a coordinar historia e texto.
-Pioneira do cómic en Irán coa historia da súa vida, a de unha muller marcada por unha educación entre dúas culturas que loita por vivir segundo os seus principios, Marjane Satrapi : Persépolis.
-Maus, é o único cómic merecedor do premio Pulitzer. Art Spiegelman, autor desta obra reconstrue os momentos que seu pai lle relata do horror  dos campos de exterminio nazi e as secuelas que lle deixara a tormentosa relación co seu pai, o suicidio da súa nai e o recordo dun irmán que non chegou a coñecer.
-Kiki de Montparnasse, relata unha vida e unha época apasionantes. A protagonista foi durante máis de vinte anos a musa do barrio parisino de Montparnasse. Vanguardista e liberal, posou para os mellores pintores e relacionouse cos artistas máis relevantes...e May Ray, o seu amor durante varios anos. Publicada por José- Louis Bouquet e Catel Muller en Editorial Sins Entido.
Por último
-Unha historia para todos os públicos, a de Hugo Cabret, un neno orfo que adica o seu tempo libre a manter en hora os reloxos da estación de tren na que vive e a arranxar un antigo autómata. La invención de Hugo Cabret de Brian Selznick, en S.M.


Anímote a lelas, cóntame logo se mereceu a pena!

No hay comentarios: