Gracias a Cristina Novoa que nos proporcionou a información dende a Asesoría de Bibliotecas.
O Día Internacional da lingua materna establécese en 1999. Faino a Conferencia Xeral da Unesco para promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural.
Por ser domingo, esta vai ser a nosa modesta contribución. Os materiais tomámolos de páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Deixamos posta a exposición que vos mostramos a continuación para coñecemento de todos.
Sentimos que este é un gran día para todos os que cremos que a lingua materna, lingua do afecto debe ser defendida ate as últimas consecuencias pois prescindir dela é renunciar a parte da nosa infancia e do legado dos nosos maiores.
Dicía Álvaro Cunqueiro no Discurso de aceptación do Pedrón de Ouro, "...eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posiblidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ó lado da patria terreal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa".
viernes, 19 de febrero de 2010
Día internacional da lingua materna
Publicado por Endora en 11:16
Etiquetas: Dia internacional da lingua materna
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario