Non parece por casualidade que coincida co Ano Xacobeo pois preténdeselle dar certa dimensión no exterior á nosa cultura e á nosa lingua.
Moitas son as iniciativas:
- Animación cultural
- Libros sobre rodas
- Noite dos libros
- Camiños de amor e lúa
- Exposicións:
- "A palabra convertida en arte", sobre a escrita medieval.
2. Congresos e Exposicións
- "I Encontro Internacional sobre Literatura de Viaxes" en Santiago.
- " I Semana Auria de Novela Histórica".
- Congreso Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
- Centenario do nacemento de Torrente Ballester e Luís Seoane.
- Acto conmemorativo dos 125 anos do pasamento de Rosalia.
- Homenaxe a Uxio Novoneyra, a quen este ano a Academia lle adica o Día das Letras Galegas.
Son variados os proxectos entorno a este aspecto.
- "A Festa das letras": Feira do Libro que este ano comeza en Lugo e que irá cambiando de localidade cada ano.
- Fóra do País, as feiras de Boloña, Madrid, Bos Aires, Frankfurt terán presenza galega, dos nosos escritores e editores, dos nosos libros.
- "Palabra de autor, palabra de autora", na televisión, servíndose deste medio para a divulgación das obras literarias galegas e os seus autores.
Neste ano tan especial, varias campañas de animación lectora e escritora e mesmo actividades relacionadas coas traducións percorreran as vilas galegas.
Prométese neste cobizoso plan un desenvolvemento do marco normativo do libro e as bibliotecas.
Esperemos a ver materializadas todas estas boas intencións!
Avaliaremos nunha nova no noso blog todo isto ao final do ano.
Tedes máis datos premendo aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario