Esta organización considera que o mundo contemporáneo ten necesidades, no terreo da estética, que a poesía pode cubrir sempre e cando se recoñeza o seu papel social. Por este motivo, era necesario crear un día específico que servira para mostrar a importancia da poesía á opinión pública. Este Día da Poesía é o marco no que se efectúan as accións para soster este xénero literario, valóranse os esforzos dos pequenos editores que intentan entrar no mercado e se fomenta a lectura e o coñecemento da poesía.
Nós quixemos, dende a Biblioteca, colaborar nesta celebración mundial adiantádonos un pouco para poder xuntar esta festividade co Día de San Valentín, que ten unha longa tradición no noso centro, e organizamos as seguintes actividades:
-Escolla de poemas que os alumnos recollían nos recreos na Biblioteca para engadir ás súas cartas de amor e amizade.
-Lectura de poemas a cargo de alumnos do centro: Noemí Tojeiro e Alberto Dopico, de 4º de ESO leron os seus propios poemas.
- Recibimos a Berta Dávila, unha xove poeta múltiples veces premiada ( Minerva, Entre Nós en Galego, Premio Concello de Ames,...), para que nos recitara os seus versos.
Esta autora presentounos tamén a súa novela gañado

-Sorteo de 15 exemplares da súa obra Dentro, Premio Avelina Valladares e 7 exemplares de Pablo Neruda.
Grazas a Tucho Calvo pola súa colaboración desinteresada e a cantos puxeron da súa forza e do seu tempo para que a actividade saíra adiante.
Gustavo Adolfo Bécquer