Mostrando entradas con la etiqueta actividades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actividades. Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de abril de 2008

Programa de actividades na Semana do Libro


O equipo de biblioteca organiza, con motivo da celebración do Día Mundial do Libro, varias actividades que se desenvolverán entre o 21 e o 25 de abril no noso centro.

Este ano o tema escollido por nós para esta conmemoración é o terror, como continuación do traballo empezado co club de lectura Felices Pesadelos.


Mercado do libro vello:

Doa libros usados que xa non necesites, para vendelos posteriormente no instituto! A recadación irá destinada integramente á ONG Mundo Cooperante para o seu programa de axuda na India.

Colabora!!!

Lugar: Recibidor do instituto.
Data: 21-25 abril.

Exposición Felices Pesadelos:


Expoñemos de novo os libros de terror prestados pola Fundación Germán Sánchez-Ruipérez (Salamanca), aos que engadiremos novos exemplares deste xénero adquiridos pola biblioteca, así como outros da biblioteca municipal e de particulares cedidos para a exposición.


Lugar: Recibidor do instituto.
Data: 21-25 abril .

...............................................................................................................................................................
Os nosos pesadelos:

Presentación con efectos sonoros e visuais dos libros e películas de terror e misterio adquiridos para a biblioteca.

Lugar: Recibidor do instituto.
Data: 21-25 abril (recreo).
...........................................................................................................................................
O zombie que morreu de éxito:


Hai 25 anos saíu á luz o disco que se convertería no máis vendido da historia: Thriller, de Michael Jackson.
E xa que estamos no noso mes do terror e a música tamén forma parte da nosa biblioteca, pareceunos o mellor momento para facer unha pequena homenaxe a este álbum, mediante unha presentación de PowerPoint na que incluímos a versión íntegra do videoclip, subtitulado en inglés e castelán.

Lugar: Recibidor do instituto.
Data: 21-25 abril (recreo).

..............................................................................................................................................

1º Certame literario:

Fallo do 1º Certame literario organizado pola biblioteca. Os premios outorgados serán entregados por Antón Cortizas, un dos autores máis galardoados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega.
A este acto asistirán os grupos de 2ºA, 3ºA, 4º ESO e 1ºC de Bacharelato. Os compañeir@s dos participantes no certame lerán en voz alta os traballos premiados.

Lugar: Salón de actos.
Data: 22 abril (10:30-11:20)
.....................................................................................................

Excursión a Urueña (Villa del Libro):

O alumnado de 1º e 4ª ESO realizará unha excursión a Urueña, a única Villa do Libro de España, e a Valladolid, onde visitarán a Casa Museo Zorrilla. A saída terá lugar os días 8 e 9 de maio.
Como anticipo a esta actividade proxectaremos un vídeo de presentación de Urueña durante algúns recreoss no recibidor do instituto (21-25 de abril).
Se queres saer máis da Villa doLlibro, preme aquí.
................................................................................................
................................................................................................................................................................
......................................................................................................................................................................


23 de abril

Día internacional do Libro