Mostrando entradas con la etiqueta amor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta amor. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de febrero de 2014

14 de febreiro: poesía e bombóns

Un ano máis, os alumnos e alumnas participantes no Club de Lectura repartirán bombóns é poemas entre aqueles que se acheguen á nosa biblioteca. Este ano a selección poética é moi suxerente: poemas de amor, libres e fermosos, escritos por mulleres de diversos lugares do mundo: Bulgaria, Polonia, Siria, Portugal, Marrocos, Brasil, Francia e, por suposto, Galicia. Bo proveito.


miércoles, 9 de abril de 2008

Amor en galego na rede


Lingua de Amor 2008: concurso de declaracións de amor en galego a través da rede

O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, presenta a Segunda edición de Lingua de Amor, un concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico.

Un dos principais obxectivos de Lingua de Amor é dinamizar o uso da lingua galega por parte dos mozos e mozas nos novos espazos de comunicación: correos electrónicos, chats, foros... O galego é unha lingua útil para os momentos de lecer e diversión. O galego ábreche as portas á hora de coñecer xente, de facer amigos e... por que non? Tamén para formar parellas!

Para poder participar neste concurso debes seguir os pasos seguintes:

1 Rexístrate: debes cubrir o formulario de rexistro. Recorda que todos os campos son obrigatorios.

2 Ingreso: para poder acceder á túa conta, debes introducir o enderezo de correo e mais o contrasinal co que te rexistraches. No caso de xa estares rexistrado/a pero non recordas o correo electrónico co que te rexistraches ou o contrasinal de acceso, envíanos un correo a linguadeamor@cxg.org indicando o teu nome, apelidos e DNI e facilitarémosche os datos de acceso.

3 Unha vez que entraches na túa conta, na banda da esquerda preme sobre "engadir declaración". O número máximo de caracteres é de 350 (con espazos incluídos) e cada participante poderá escribir un máximo de dúas declaracións.

4 Lista das miñas declaracións: neste apartado poderás ler as declaracións coas que participas neste concurso.

5 Dende a túa conta persoal, no apartado "Datos usuario", poderás actualizar e modificar os teus datos sempre que o consideres oportuno, así como o teu correo electrónico e o contrasinal.

Establécense dúas categorías de participantes:

Categoría A: de 14 a 19 anos
Categoría B: de 20 a 30 anos

Recordámosvos que a extensión máxima da mensaxe é de 350 caracteres, incluídos os espazos en branco. As mensaxes que excedan esta extensión quedarán fóra do concurso. Así mesmo, establecerase un máximo de dúas mensaxes por concursante.
A data límite para o envío das declaracións é o 14 de maio de 2008.

Establécense tres premios por cada unha das categorías:

Categoría A:
1º Consola Nintendo wii + un lote de libros en galego
DVD portátil + un lote de libros en galego
MP3 + un lote de libros en galego

Categoría B:
1º Viaxe a París para dúas persoas + un lote de libros en galego
2º Ordenador portátil + un lote de libros en galego
3º TV LCD 19” + un lote de libros en galego

Ademais, os 200 primeiros/as participantes recibirán un agasallo por cortesía da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O Consello da Xuventude de Galicia agradécelles a súa colaboración á Secretaría Xeral de Política Lingüística, ás concellerías de Cultura e Xuventude do Concello de Lugo, á Libraría Couceiro e a Viaxes Viloria.

miércoles, 13 de febrero de 2008

Relatos de amor

O único que queda é o amor

O escritor vilalbés Agustín Fernández Paz ven de publicar o que é o seu último libro adicado por enteiro ao amor. É unha fermosa mostra de relatos nos que podemos encontrar todas as variantes do amor e tamén o desamor.

Estas son unhas datas estupendas para devoralo. Un libro de lectura fácil e amena. Poderás encontrar amores adolescentes, imposibles, soñados...
Este escritor adoita adornar case todos os seus relatos con citas literarias que nos espertan as ganas de ler a outros que a el o inspiran como Auster, Valente, Yeats, Neruda ou Salinas.
Os máis fermosos: "Un rad
iante silencio" e "Un río de palabras.

Tes a posibilidade de ver no programa "Libro aberto" unha entrevista do autor onde fala deste libro.