Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta club de lectura. Mostrar todas las entradas

lunes, 22 de abril de 2013

sábado, 6 de noviembre de 2010

TRÁNSITOS. O noso clube de lectura do curso 2010-2011

Un ano máis, co comezo do outono, inauguramos o noso Clube de Lectura. Esta vez é unha viaxe iniciática que nos levará da man dos grandes narradores, poetas e dramaturgos  a diversos mundos descoñecidos para a maioría dos nosos alumnos. Como todas as viaxes esperamos dela que nos sorprenda e que nos transforme.

Chamamos "Tránsitos" ao clube  polo carácter de percorrido iniciático cultural e vital que pretendermos darlle: tránsito como paso do lugar propio a outro descoñecido e obrigado(o primeiro núcleo temático que imos tratar será a emigración, pero tamén moitos receptores do club son, en gran parte, alumnos de 1º de ESO que chegan novos ao centro ); tránsito como paso dun xénero literario a outro(leremos relatos, poemas, fragmentos de obras teatrais); tránsito como o paso  das lecturas infantís ao un mundo literario adulto.

Desde hai unha semana estamos xa inmersos no primeiro tránsito: a viaxe dos que teñen a obriga de partir, a viaxe dos que chegan, sen acabar de querelo, a un lugar descoñecido; é dicir, a viaxe da emigración. Castelao será o primeiro guía, que nos achega, coa súa escrita concisa e plástica, aos tres  relatos de Cousas que abordan  este tema: Chegou das Américas un home ricoO pai de Migueliño, Nunha rúa dun porto lonxano. Disfrutade coa lectura.

Toda a información sobre o Clube de Lectura a tedes no noso blog  En obras.

domingo, 8 de junio de 2008

O noso club de lectura foi seleccionado



O vindeiro 25 de xuño celebrarase en Santiago de Compostela unha Xornada de Clubs de Lectura, destinada ao profesorado coordinador dos clubs de lectura creados en centros públicos que matriculan alumnado de ensino secundario, durante o curso 2007/2008, e que foran seleccionados segundo a convocatoria da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa para incentivar este tipo de actividades. En total, neste curso, recibiron apoio da consellería un total de 104 clubs de lectura, nalgúns casos con varios grupos en funcionamento, mesmo con participación, tamén nalgúns casos, dos distintos sectores da comunidade educativa. Nesta xornada poderanse coñecer varias destas experiencias, ademais de contar coa presenza de dúas persoas de referencia no ámbito dos clubs de lectura: a directora da Biblioteca Pública de Guadalajara, Blanca Calvo, e o escritor e narrador Pep Bruno.




O NOSO CLUB DE LECTURA VAI ESTÁR ALÍ.





¡¡¡¡CELEBRÁMOLO!!!!

jueves, 10 de abril de 2008

Outro conto de Poe no club de lectura

De novo recurrimos a Edgar Allan Poe no club de lectura, esta vez co conto "El corazón delator". Publicado por primeira vez en 1843, é considerado como o precursor do chamado terror psicolóxico.

Como noutros relatos, o autor lévanos ao interior da mente do narrador da historia. Trátase dun monólogo onde o protagonista nos conta as razóns que o levan a asasinar a un vello.

Tensión, obsesións, loucura,... Un conto onde se deixa ver dun modo fantástico o peso da culpa e o remordemento.

Levado ao cine e versionado en multitude de ocasións, "El corazón delator" (The Tell-Tale Heart na súa versión orixinal) é unha historia que toda persoa que lle guste este tipo de literatura non debería deixar de ler.

Se queres ver o relato completo, visita o blog de Felices Pesadelos.