Un ano máis, co comezo do outono, inauguramos o noso Clube de Lectura. Esta vez é unha viaxe iniciática que nos levará da man dos grandes narradores, poetas e dramaturgos a diversos mundos descoñecidos para a maioría dos nosos alumnos. Como todas as viaxes esperamos dela que nos sorprenda e que nos transforme.
Chamamos "Tránsitos" ao clube polo carácter de percorrido iniciático cultural e vital que pretendermos darlle: tránsito como paso do lugar propio a outro descoñecido e obrigado(o primeiro núcleo temático que imos tratar será a emigración, pero tamén moitos receptores do club son, en gran parte, alumnos de 1º de ESO que chegan novos ao centro ); tránsito como paso dun xénero literario a outro(leremos relatos, poemas, fragmentos de obras teatrais); tránsito como o paso das lecturas infantís ao un mundo literario adulto.
Desde hai unha semana estamos xa inmersos no primeiro tránsito: a viaxe dos que teñen a obriga de partir, a viaxe dos que chegan, sen acabar de querelo, a un lugar descoñecido; é dicir, a viaxe da emigración. Castelao será o primeiro guía, que nos achega, coa súa escrita concisa e plástica, aos tres relatos de Cousas que abordan este tema: Chegou das Américas un home rico, O pai de Migueliño, Nunha rúa dun porto lonxano. Disfrutade coa lectura.
Toda a información sobre o Clube de Lectura a tedes no noso blog En obras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario