domingo, 28 de noviembre de 2010

1º CERTAME DE MICRORRELATOS "Tránsitos"


Fotografía de Ruth Matilda Anderson

A biblioteca do IES Moncho Valcarce convoca un certame literario de relato breve que ten as seguintes bases:
1. A convocatoria vai dirixida a todo o alumnado do IES Moncho Valcarce. Cada alumno poderá participar cun só microrrelato.
2. As obras que se presenten poderán estar escritas tanto en lingua galega como en lingua castelá.
3. As narracións terán una extensión máxima de 150 palabras, escritas a ordenador ou a máquina a dobre espazo e por unha soa cara, con fonte de corpo 12.
4. A temática ten que ver coa dos relatos que estamos a ler no Clube de Lectura “Tránsitos”: a emigración. O comezo do relato é común para todos os alumnos de cada categoría.
5. Establécense catro categorías. Os relatos deben comezar do seguinte xeito:
-  Primeiro ciclo (1º e 2º de ESO):
     A viaxe durou menos do previsto/El viaje duro menos de lo previsto
- Segundo ciclo (3º, 4º de ESO e PCPI):
     Coas súas maletas de cartón e os seus fardos agardaban/Con sus maletas de cartón y con sus     fardos, aguardaban
- Bacharelato e Ciclo Formativo:
     Chegaran alí ao anoitecer, despois de partiren ao albor/ Habían llegado allí al anochecer, tras haber salido al alba.
- Adultos (pais e nais, profesorado e persoal non docente):
     Por onde andará aquel home, quizais... / Por donde andará aquel hombre, quizá...
6. Haberá dous premios para cada categoría, agás para os adultos, onde non se contempla agasallo de carácter económico:
Primeiro ciclo (1º e 2º de ESO):
1º premio: cheque agasallo por valor de 50 euros.
2º premio: cheque agasallo por valor de 20 euros.
Segundo ciclo (3º, 4º de ESO e PCPI):
1º premio: cheque agasallo por valor de 50 euros.
2º premio: cheque agasallo por valor de 20 euros.
Bacharelato (1º e 2º):
1º premio: cheque agasallo por valor de 50 euros.
2º premio: cheque agasallo por valor de 20 euros.
7. As obras deberán presentarse nun sobre aberto asinadas cun lema ou pseudónimo, que figurará tamén noutro sobre pechado, xunto co título da obra. No interior do sobre pechado farase constar a identidade do autor e curso. Así mesmo, no sobre aberto debe figurar, de maneira visíbel, a categoría a que pertence o concursante.
8. Os orixinais entregaranse na biblioteca do IES. O plazo de admisión finaliza o día 10 de decembro de 2010.
9. O xurado estará composto por membros (profesores e alumnos) do Clube de lectura “Tránsitos”.
10.O acto de entrega dos premios terá lugar o día 22 de decembro de 2010 dentro das actividades do Festival de Nadal.
11.As obras presentadas poderán ser expostas na biblioteca e/ou incluídas no blog da mesma. Tamén se contempla a posibilidade de seren publicadas nun libro.
12.A participación no Certame implica a total aceptación destas bases

No hay comentarios: