Mostrando entradas con la etiqueta muller. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta muller. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de marzo de 2010

As Pontes en feminino

Todas as que nos comunicamos contigo dende este blog somos mulleres traballadoras.
Estamos encantadas de encher de actualidade este lugar e tamén a nosa biblioteca.
Con todo preguntámonos se non sería mellor  que algún día non tiveramos que celebrar ou conmemorar este día. Creo que se chegara un 8 de marzo e nin nos acordáramos de que somos mulleres traballadoras, porque ganamos o mesmo que os homes nos nosos traballos, porque non temos preocupación de perder o traballo cando parimos os nosos fillos ou porque a paridade fora total en todos os cargos de responsabilidade. Entón en Europa as ministras, eurodiputadas e outras mulleres non terían como agasallo unha flor, entregada polos seus colegas, que non teñen un día de celebración pararelo a este noso. Entón xa non tería sentido ningún todas as iniciativas promovidas por organismos oficiais, asociacións de mulleres, ONGs, etc.
Namentras chega este día propóñoche algunhas das actividades que organiza O Concello de As Pontes para sensibilizar sobre o papel da muller na nosa sociedade e noutras máis alonxadas.





Esta actividade chámase "Elas nos contos". Trátase de lecturas de contos infantís onde as protagonistas somos nós. Na Biblioteca Municipal.Do 15 ao 26 de Marzo.
















Na Casa Dopeso, o día 17 deste mes, ás 8 do serán, haberá un recital poético co Grupo poético Alalá e o cantautor galego Xoan Curiel.















Tamén na Biblioteca Municipal "A muller na literatura", exposición de libros entre o 15 e 0 26 deste mes de marzo.
















Outras actividades das que podes disfrutar son a Exposición "Realidades de Guinea Ecuatorial e Camerún" da ONG Funciona, que podes visitar entre o 1 e 26 de marzo na Casa Dopeso.
Recorda tamén que o luns 22 ás 7 da tarde no Salón de Actos da Casa Dopeso farase a presentación do Protocolo municipal de actuación en casos de violencia de xénero.

Xa sabes que durante todo o mes no noso centro os alumnos de 1º a 4º da ESO terán a oportunidade de traballar en Igualdade: sistema sexo/xénero, a influencia dos estereotipos de xénero, a socialización diferencial, o uso da linguaxe como instrumento de coeducación,...


jueves, 6 de marzo de 2008

10 Mulleres de Cine no Século XXI

O cabo dalgúns anos quen queira ter unha idea de como era a sociedade do 2008 e que papel tiña a muller nela terá que votar mán do cine.


Hoxe, anticípándonos aos acontecementos, propoñemos: dez miradas ao mundo fiminino a través de dez historias que nos mostran diferentes etapas das súas vidas.

Empezaremos por ver a aquelas que se incorporan o mundo, pero pola vía da adopción e vindo de lonxe en La pequeña Lola.

Votaremos unha ollada a aquelas nenas que difrutan unha infancia chea de comodidades e o mesmo tempo chea de histerismo, falamos de Pequeña Miss Sunshine.

Moitas mulleres procedentes de outras culturas, por adopción ou emigración, deben loitar na súa xuventude por compatibilizar as súas tradicións co seu contorno e iso e o que fan en Quiero ser como Beckhamn.

E seguindo co inevitable e marabillosa mestizaxe que nos invade, asistiremos a ruptura de tópicos que nos amosan en Las mujeres de verdad tienen curvas.

Pasada a xuventude: toca a vivir, e se non se dan as cousas como se soñaron e preciso poñerse á tarefa e tratar de cambialo todo e iso é o que fai Amelie.

Outras ven truncados os seus anhelos antes de poder cambialos, pero tratan de deixarnos un mundo mellor , como a protagonista de Mi vida sin mí.

En cualquera caso , a consigna e vivir dignamente e iso é o que tratan de facer as mulleres de Mataharis.

Claro que hai cousas que non cambian e os violentos
inimigos da convivencia e a igualdade fan das súas en
Te doy mis ojos.


Pero como dicía unha consigna: podedes arrincar as flores, pero non impediredes a chegada da primavera. Vemos isto no mundo que se inventa a granxeira de La suerte de Emma.

E acabamos cunha dura visión da idade madura en Diario de un escándalo. Que se ben non nos mostra un gran exemplo de vida si nos invita a una profunda e última reflexión.

Buscade estas películas nas bibliotecas, nas tendas ou mesmo nas carteleiras e gardádeas na memoria. Veredes como nuns poucos anos convírtense en documentos de vida deste 2008.


Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da IGUALDADE.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.