Un ano máis, entre o 23 de abril (Día do Libro) e o 17 de maio (Día das Letras Galegas) desde a Biblioteca estamos a traballar no Mercadillo Solidario que organizamos para ayudar á ONG Mundo Cooperante. Con libros doados polos membros da comunidade educativa que queiran colaborar montamos un posto na entrada do IES. Alumnos e alumnas que participan no Clube de Lectura son os encargados de vender os libros nos recreos. Ata agora a participación é alta, favorecida pola calidade das lecturas (tanto clásicos como bets-seller, divulgación, literatura infantil e xuvenil), o prezo dos libros (de 1 a 3 euros) e o desexo de colaborar coa ONG. Grazas a todos por participar!
jueves, 12 de mayo de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario