domingo, 24 de febrero de 2008

Isaac Díaz Pardo

Isaac Díaz Pardo (Santiago de Compostela, 22 de agosto de 1920) é un intelectual e artista galeguista. Recibiu moitas distincións e recoñecementos, coma o Pedrón de Ouro (1976), a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidade de Santiago de Compostela (1988) ou a Medalla de Ouro de Galicia e a Medalla ao Traballo en 2007 pola súa contribución ao país.

Hai algunhas direccións onde poderás encontrar información sobre a súa vida e o seu traballo:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Isaac_D%C3%ADaz_Pardo http://www.sargadelos.com/ga/diazpardo1.html


Na páxina da wikipedia aparecen moitos vínculos, un deles para enlazar con culturagalega.org na que aparece un vídeo moi interesante onde fala o propio Isaac.




sábado, 16 de febrero de 2008

1º Certame literario

A nosa biblioteca convócavos ao primeiro certame literario que organiza. Se queres participar debes coñecer as bases que o regulan. Preme na palabra Certame e aí poderás atopalas.

miércoles, 13 de febrero de 2008

Relatos de amor

O único que queda é o amor

O escritor vilalbés Agustín Fernández Paz ven de publicar o que é o seu último libro adicado por enteiro ao amor. É unha fermosa mostra de relatos nos que podemos encontrar todas as variantes do amor e tamén o desamor.

Estas son unhas datas estupendas para devoralo. Un libro de lectura fácil e amena. Poderás encontrar amores adolescentes, imposibles, soñados...
Este escritor adoita adornar case todos os seus relatos con citas literarias que nos espertan as ganas de ler a outros que a el o inspiran como Auster, Valente, Yeats, Neruda ou Salinas.
Os máis fermosos: "Un rad
iante silencio" e "Un río de palabras.

Tes a posibilidade de ver no programa "Libro aberto" unha entrevista do autor onde fala deste libro.

martes, 12 de febrero de 2008

Día mundial contra a utilización de nenos e nenas soldado

Dos 300.000 menores que foron recrutados por grupos armados, un 40% son nenas. Durante os conflitos, as nenas e adolescentes son utilizadas a miúdo como "escravas sexuais" e cociñeiras, ademais de participar nos combates cun arma. E son elas precisamente as que atopan unha maior dificultade para saír do campo de batalla e reinserirse na sociedade.

Cando as menores abandonan os grupos armados, saen embarazadas, con bebés, contaxiadas con enfermidades como a SIDA ou lesionadas fisicamente.


Cando volven ás súas casas, son rexeitadas pola súa comunidade e as súas familias, especialmente se foron violadas ou regresan con fillos froito das relacións durante o seu recrutamento.


Non podemos pechar os ollos ante este feito. Actúa!

video


lunes, 11 de febrero de 2008

O nome da rosa



Imos facer unha experiencia moi recomendable, comparar a linguaxe literaria coa cinematográfica.
O luns día 18 de febreiro os alumnos de 2º de BAC van ter esta interesante oportunidade.

Son varios os departamentos( filosofía, latín, grego, historia, arte,...) que están a participar nesta actividade tratando de sacarlle o máximo partido a un libro moi fermoso e suxerente en combinación coa película do mesmo nome.
Lede aquí toda a información elaborada por eles.O nome da rosa

miércoles, 6 de febrero de 2008

Outro gato no noso club de lectura



Edgar Allan Poe escribe un relato titulado "O gato negro" que é a próxima lectura colectiva na nosa biblioteca.

É unha obra de profundo dramatismo, onde se conxugan descripcións escalofriantes, de fondo contido psicolóxico, revolvendo na mente e nos sentimentos dunha persoa que está esclavizada polo alcol. A transformación dun ser humano, sensible e piadoso, nun cruel individuo carente de sensibilidade ante a dor allea, que resulta ser ao fin, a vítima das súas propias accións.Un gato negro, obxecto do seu sadismo, padecerá horribles tormentos antes de ser asasinado polo seu propio dono, quen ese mismo día sufrirá o incendio da súa vivenda.Obra da casualidade, ou non, outro gato negro, moi semellante ao anterior, irrumpirá na vida do protagonista, con algún fin misterioso e vengativo.