Mostrando entradas con la etiqueta Certame. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Certame. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de abril de 2008

A nosa semana adicada ao Libro en imaxes

Gracias ao todo o Grupo de dinamización da Biblioteca que elaborou e coordinou todas as actividades xunto con outros membros da Comunidade Educativa, á APA que nos fixo unha importante aportación económica, a Antón Cortizas que nos adicou o seu tempo dunha maneira desinteresada, comercios das Pontes como a floristería Ledicia, a Televisión local que nos serviu de testemuña e sobre todo os alumnos que sin eles nada disto sería posible, a semana que conmemoramos a festividade do Día Internacional do Libro tivo o seguinte resultado en imaxes

miércoles, 23 de abril de 2008

Concurso "As Boliqueiras"



A Mesa polo Normalización Lingüística das Pontes convoca o 1° Concurso de ensaio “AS BOLIQUEIRAS”. Estas son as súas bases:

-
-Poderán concorrer a este premio rapaces e rapazas de idades comprendidas entre seis e dezaoito anos, residentes nos Pontes que presenten os seus orixinais en lingua galega. Os textos presentados han ser inéditos e totalmente orixinais.

< ·
-De cada orixinal presentaranse dúos copias. A extensión máxima será de tres folios mecanografados o dobre espazo en letra arial tamaño 12 polas dúas caras antes do día 30 de abril no apartado de correos n°163 ou no Biblioteca Municipal (Avda. Castelao, s/n)

·
-Co onixinal, que deberá presentarse baixo lema, adxuntarase en sobre pechado, o nome, enderezo e teléfono do autor/autora indicando no sobre: para Concurso As Boliqueiras, o lema ea categoría.

· Establécense dúas categorías:
A - Rapaces/as deidades comprendidas entre 6 e 12 anos
B - Rapaces/as deidades comprendidas entre 13 e 18 anos

· Temas:
- Categoría A: POR QUE NON FALAMOS GALEGO? CAL E O PROBLEMA? COMO SOLUCIONALO?
- Categoría B: POR QUE AS NOVAS XERACIÓNS NON FALAN GALEGO COMO OS SEUS PAIS E OS SEUS AVÓS? PROPOSTAS PARA RECUPERALO

· Premios:
Categoría A
1° Premio 200€
2° Premio 100€
3° Premio 100€
Categoría B
1° Premio 300€
2° Premio 200€
3° Premio 100€


-O xurado estará composto por representantes das esquipas de normalización lingüística das escolas das Pontes, un/a representante do Concello e un/a da Mesa. Correspóndelle ao xurado o interpretación destas bases, O seu fallo será inapelable. O premio poderá quedar deserto.


-O xurado emitirá o seu fallo o día 16 de maio no curso dun acto que se celebrará no Cine Alovi.


-A participación nesta convocatoria supón a total aceptación das presentes bases.

lunes, 21 de abril de 2008

Antón Cortizas na nosa Biblioteca


Antón Cortizas estará mañá no noso Centro para facer entrega dos premios do Primeiro Certame literario.
É ademais de un gran escritor, un adulto que segundo el mesmo "está ainda a nacer", cada día e en cada momento.
Ven a compartir connosco a conmemoración do Día do libro , ainda que non sexa o 23, pois os seus compromisos adquiridos con anterioridade non llo permitiron. Creo que non me engano cando penso que en realidade disfruta rodeándose de alumnos, pois é maestro de formación e foi docente por convicción, ainda que hoxe estea apartado das aulas.
Este "coleccionista de sombras" vai falarvos de libros, de terror, e penso que vai ser ben ameno.
Anímovos a escoitalo e a falarlle tamén porque merece a pena aproveitar esta ocasión que el nos ofrece, un autor para o que style="FONT-WEIGHT: bold">o sol non adormece

sábado, 16 de febrero de 2008

1º Certame literario

A nosa biblioteca convócavos ao primeiro certame literario que organiza. Se queres participar debes coñecer as bases que o regulan. Preme na palabra Certame e aí poderás atopalas.