Antón Cortizas estará mañá no noso Centro para facer entrega dos premios do Primeiro Certame literario.
É ademais de un gran escritor, un adulto que segundo el mesmo "está ainda a nacer", cada día e en cada momento.
Ven a compartir connosco a conmemoración do Día do libro , ainda que non sexa o 23, pois os seus compromisos adquiridos con anterioridade non llo permitiron. Creo que non me engano cando penso que en realidade disfruta rodeándose de alumnos, pois é maestro de formación e foi docente por convicción, ainda que hoxe estea apartado das aulas.
Este "coleccionista de sombras" vai falarvos de libros, de terror, e penso que vai ser ben ameno.
Anímovos a escoitalo e a falarlle tamén porque merece a pena aproveitar esta ocasión que el nos ofrece, un autor para o que style="FONT-WEIGHT: bold">o sol non adormece
lunes, 21 de abril de 2008
Antón Cortizas na nosa Biblioteca
Publicado por Endora en 20:59
Etiquetas: autores, Certame, Día do libro
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario