O 1 de decembro de 1982 editouse Thriller; o 25 xa era número 1 nas listas de música negra e de pop. 40 millóns de copias vendidas, que hoxe supera os 105 millóns. Foi dirixido por John Landis, autor da magnífica Un lobis home americano en Londres. Sacudiu unha xeración e revolucionou un xénero. Foi o vídeo musical máis longo e caro dos rodados ata entón (14 minutos e 800.000 dólares). A súa estrea foi un ano máis tarde da publicación do álbum e converteuse nun acontecemento mundial. A MTV chegou a emitilo dúas veces por hora.
Jackson usou o vídeo/curtametraxe musical máis veces. Pero ningún deles superou a Thriller.
En España foi estreado na noitevella do ano 1983. Os ollos amarelos de Jackson ao final do video e a arripiante risa paralizaron a moitos xoves, mortos de medo.

Thriller trasladouse tamén ao comic, dentro da biografía gráfica escrita por Marcello Haywood The Michael Jackson story que foi publicada en España en 1988. Estivo en todos os kioskos e viña cun poster da estrela, algo moi empregado nos anos oitenta. O comic comeza coa grabación do video e o anuncio de Pepsi.
No hay comentarios:
Publicar un comentario