Queremos facernos eco dunha noticia ben interesante que aparece o Día Internacional do libro infantil e xuvenil no periódico Galicia Hoxe, porque cremos que é unha boa maneira de coñecer estas novas publicacións de Kalandraka, que vos recomendamos.
A arxentina Natalia Colombo estrea o I Premio Internacional Compostela para Albums Ilustrados convocado pola Concellaría de Educación de Santiago e a editorial Kalandraka, coa obra Cerca. A obra foi seleccionada pola relación "perfectamente trenzada" entre relato e imaxes, que "narran, flúen e evolucionan".
o libro será publicado a finais deste mesmo ano por Kalandraka, nas cinco linguas peninsulares.
Cerca é unha fábula sobre a incomunicación, unha reflexión poética e profunda sobre as relacións interpersoais e o individualismo, sobre os desexos e as emocións.
Kalandraka cumple dez anos
Kalandraka celebrou o seu décimo aniversario. En homenaxe aos primeiros lectores, a editorial acaba de publicar as novas adaptacións dos clásicos Os tres osos e A casiña de chocolate, ilustrados por Miguel Tanco e Pablo Auladell respectivamente; contos que formaron parte do catálogo inicial de Kalandraka e que dez anos despois se presentan con textos revisados e propostas estéticas distintas.
Kalandraka iniciou o ano 2008 recibindo o IV Premio Editorial que concede a libraría El Dragón Lector, de Madrid. A esta distinción acábase de unir a selección do libro O sorriso de Daniela para formar parte da lista The White Ravens como un dos mellores libros infantís editados en toda España durante 2007. É o oitavo título de Kalandraka que se incorpora a esta escolma, realizada pola Biblioteca Internacional da Xuventude de Múnic (Alemaña).
No hay comentarios:
Publicar un comentario