A Asociación de Estudos Históricos e Sociais Hume comeza a súa andanza no ano 2003. Os seus obxectivos son a creación dun fondo documental que poida servir para estudar a historia das Pontes e tamén a divulgación e difusión do patrimonio artístico e histórico da nosa vila.
Nese senso, o venres día 28 de marzo, presentaron na Biblioteca Municipal a súa revista que leva o nome de Revista de Estudos Históricos Locais, que xa podedes mercar nas librerias da vila pero que tamén podedes consultar na nosa Biblioteca na sección adicada a As Pontes.
Estiveron presentes neste acto persoas ligadas á revista como Francisco Xabier Martínez Prieto, Xosé María López Ferro e outros convidados como Carlos de Castro que viña a auspiciar o nacemento da nova publicación dende Cátedra, a revista onde el publica as súas investigacións como historiador e onde o teñen feito con anterioridade membros da asociación local . Tamen X.Carlos Breixo Rodríguez animou aos membros da asociación a seguir adiante e falou moi de camiño da súa contribución á revista cun artígo explicando a construcción de A Ponte dos Ferros .

Na revista podemos ler outros artigos moi interesantes como a homenaxe ao cronista local Don Enrique Rouco, máis coñecido como O Cura dos Chaos,que é como unha boa biografía deste ilustre persoeiro da nosa vila ao mellor mal coñecido por moitos de vós.
La Unión é un periódico publicado por primeira vez alá por principios do século XX, con carácter quincenal, e nel abordábase a actualidade de "Puentes de García Rodríguez". El mesmo saía coa consideración de "periódico independiente". O cuarto artigo da revista ponnos ao tanto desta publicación gracias ao traballo de recompilación da información precisa de Xosé María López Fernández . (Podemos ofrecervos alguns números do segundo ano na Biblioteca do centro)
Outros temas sobre os que podedes ler e informarvos son : o pasado da nosa igrexa parroquial no
artigo titulado "A igrexa parroquial das Pontes no Arquivo Diocesano de Mondoñedo"; a cultura popular oral, conservada por alguns dos nosos maiores en "Recollida de cultura popular feita polo equipo de etnografía da Asociación Hume"ou mesmo ese tipo de documentos históricos que dentro de nada serán pasado pero que polo momento forman parte dunha rabiosa actualidade como é a elaboración dunha curtametraxe " O relexo da lembranza"por Roberto Rego ( ex-alumno do noso centro e a moita honra) que sabe conxugar moi ben a tradición da lenda que narra coas novas tecnoloxías e que tamén aparece recollida nesta revista.
Todas estas teselas compoñen un mosaico que lle da forma ao noso pasado e que están recollidas aquí como escriben os autores da revista no Limiar "...para que o tempo non borre algunhas das pegadas que el mesmo escribiu nas vidas das xentes que poboaron a vila das Pontes".
Grazas dende aquí aos autores que contribúen co seu traballo á conservación da memoria histórica da nosa vila.
No hay comentarios:
Publicar un comentario