viernes, 25 de abril de 2008

Juan Gelman e a poesía contra a morte


Juan Gelman é o noso flamante Premio Cervantes 2008 e Miguel Anxo Fernán Vello escribía o que ven a continuación no periódico Galicia Hoxe na súa sección Caderno aberto. Creo que explica moi ben a este home- poeta.

Juan Gelman e a poesía contra a morte
“Gelman devólvenos a esperanza de que sempre existirá unha nova utopía” (C. A. Molina)

Preguntábase Juan Gelman no seu discurso lido na entrega do Premio Cervantes que é o que tería dito Hölderlin hoxe, nun mundo no que cada tres segundos e medio un neno menor de 5 anos morre de enfermidades curábeis, de fame ou de pobreza. E o flamante premiado respondía: "Velaí está a poesía: de pé contra a morte". O poeta arxentino situaba así a poesía nun plano directamente reivindicativo, social e político, unida ao compromiso da memoria histórica: "único camiño para construír unha convivencia cívica sólida". Poesía, claro, contra a violencia, contra o terror, e velaí a experiencia tráxica de Gelman, cuxo fillo e nora foron secuestrados e asasinados polos militares arxentinos. Poesía, pois, contra a morte. E eu aquí lembro un libro do chileno Gonzalo Rojas titulado precisamente Contra la muerte: "No tengo otro negocio que estar aquí diciendo la verdad/ en mital de la calle y hacia todos los vientos", versos estes que moi ben poderían ser aplicados a Juan Gelman, infatigábel loitador a prol da verdade e da liberdade. Xa o pai de Gelman, un obreiro ucraíno, tivo que fuxir até dúas veces dos cárceres zaristas, despois de ter participado activamente na Revolución de 1905. E o propio Premio Cervantes tivo tamén que abandonar o seu país como perseguido político a raíz da súa loita pública contra a ditadura militar arxentina. Por iso son moi acertadas as palabras de César Antonio Molina, cando di que Juan Gelman –el a súa poesía– nos devolve a esperanza de que sempre existirá unha nova utopía preparada para entrar en escena ao se despromar a que a precedeu. Mais o ministro de Cultura engadiu algo que resulta definitivo en relación co poeta galardoado: "Biografía e poesía confúndense en Juan Gelman nun prodixioso nó que é capaz de se converter nun proxectil contra a morte". E isto nunha obra que suma "sensacións, ritmo e beleza, multiplicando a súa capacidade de suxestión e a súa calidade". Poesía, pois, contra a morte dende a esixencia estilística e dende a altura ética. Niso Gelman é un mestre.
Entre as súas obras destacan:

Lemos un poema pero si queres máis preme nos links anteriores.

La victoria

En un libro de versos salpicado

por el amor, por la tristeza, por el mundo,

mis hijos dibujaron señoras amarillas,

elefantes que avanzan sobre paraguas rojos,

pájaros detenidos al borde de una página,

invadieron la muerte,

el gran camello azul descansa sobre la palabra ceniza,

una mejilla se desliza por la soledad de mis huesos,

el candor vence al desorden de la noche.


De Gotán



Sempre reivindicativo

llegó la muerte con su recordación/
nosostros vamos a empezar otra vez
la lucha/ otra vez vamos a empezar
otra vez vamos a empezar nosotros

contra la gran derrota del mundo/
compañeritos que no terminana/ o
arden en la memoria como fuegos/
otra vez/ otra vez/ otra vez


Los sueños rotos por la realidad
Los compañeros rotos por la realidad/
Los sueños de los compañeros rotos
¿Están verdaderamente rotos / perdidos / nada

se pudren bajo tierra? / ¿su rota luz
diseminada a pedacitos bajo tierra? / ¿alguna vez
los pedacitos se van a juntar?
¿va a haber la fiesta de los pedacitos que se reúnen?

Y los pedacitos de los compañeros / ¿alguna vez se juntarán?
¿caminan bajo tierra para juntarse un día como dice manuel? / ¿se
juntarán un día?
De esos amados pedacitos está hecha nuestra concreta soledad /
Per / dimos la suavidad de paco / la tristeza de haroldo / la lucidea de
/ rodolfo / el coraje de tantos

ahora son pedacitos desparramados bajo todo el país
hojitas caídas del fervor / la esperanza / la fe /
pedacitos que fueron alegría / combate / confianza
en sueños / sueños / sueños / sueños

y los pedacitos rotos del sueño / ¿se juntarán alguna vez?
¿se juntarán algún día / pedacitos?
¿están diciendo que los enganchemos al tejido del sueño general?
¿están diciendo que soñemos mejor?

Juan Gelman
De Notas, España. 1979




No hay comentarios: