Mostrando entradas con la etiqueta local. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta local. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de abril de 2008

Concurso "As Boliqueiras"



A Mesa polo Normalización Lingüística das Pontes convoca o 1° Concurso de ensaio “AS BOLIQUEIRAS”. Estas son as súas bases:

-
-Poderán concorrer a este premio rapaces e rapazas de idades comprendidas entre seis e dezaoito anos, residentes nos Pontes que presenten os seus orixinais en lingua galega. Os textos presentados han ser inéditos e totalmente orixinais.

< ·
-De cada orixinal presentaranse dúos copias. A extensión máxima será de tres folios mecanografados o dobre espazo en letra arial tamaño 12 polas dúas caras antes do día 30 de abril no apartado de correos n°163 ou no Biblioteca Municipal (Avda. Castelao, s/n)

·
-Co onixinal, que deberá presentarse baixo lema, adxuntarase en sobre pechado, o nome, enderezo e teléfono do autor/autora indicando no sobre: para Concurso As Boliqueiras, o lema ea categoría.

· Establécense dúas categorías:
A - Rapaces/as deidades comprendidas entre 6 e 12 anos
B - Rapaces/as deidades comprendidas entre 13 e 18 anos

· Temas:
- Categoría A: POR QUE NON FALAMOS GALEGO? CAL E O PROBLEMA? COMO SOLUCIONALO?
- Categoría B: POR QUE AS NOVAS XERACIÓNS NON FALAN GALEGO COMO OS SEUS PAIS E OS SEUS AVÓS? PROPOSTAS PARA RECUPERALO

· Premios:
Categoría A
1° Premio 200€
2° Premio 100€
3° Premio 100€
Categoría B
1° Premio 300€
2° Premio 200€
3° Premio 100€


-O xurado estará composto por representantes das esquipas de normalización lingüística das escolas das Pontes, un/a representante do Concello e un/a da Mesa. Correspóndelle ao xurado o interpretación destas bases, O seu fallo será inapelable. O premio poderá quedar deserto.


-O xurado emitirá o seu fallo o día 16 de maio no curso dun acto que se celebrará no Cine Alovi.


-A participación nesta convocatoria supón a total aceptación das presentes bases.

jueves, 3 de abril de 2008

Nova revista de estudos históricos de As Pontes



A Asociación de Estudos Históricos e Sociais Hume comeza a súa andanza no ano 2003. Os seus obxectivos son a creación dun fondo documental que poida servir para estudar a historia das Pontes e tamén a divulgación e difusión do patrimonio artístico e histórico da nosa vila.
Nese senso, o venres día 28 de marzo, presentaron na Biblioteca Municipal a súa revista que leva o nome de Revista de Estudos Históricos Locais, que xa podedes mercar nas librerias da vila pero que tamén podedes consultar na nosa Biblioteca na sección adicada a As Pontes.
Estiveron presentes neste acto persoas ligadas á revista como Francisco Xabier Martínez Prieto, Xosé María López Ferro e outros convidados como Carlos de Castro que viña a auspiciar o nacemento da nova publicación dende Cátedra, a revista onde el publica as súas investigacións como historiador e onde o teñen feito con anterioridade membros da asociación local . Tamen X.Carlos Breixo Rodríguez animou aos membros da asociación a seguir adiante e falou moi de camiño da súa contribución á revista cun artígo explicando a construcción de A Ponte dos Ferros .


Na revista podemos ler outros artigos moi interesantes como a homenaxe ao cronista local Don Enrique Rouco, máis coñecido como O Cura dos Chaos,que é como unha boa biografía deste ilustre persoeiro da nosa vila ao mellor mal coñecido por moitos de vós.


La Unión é un periódico publicado por primeira vez alá por principios do século XX, con carácter quincenal, e nel abordábase a actualidade de "Puentes de García Rodríguez". El mesmo saía coa consideración de "periódico independiente". O cuarto artigo da revista ponnos ao tanto desta publicación gracias ao traballo de recompilación da información precisa de Xosé María López Fernández . (Podemos ofrecervos alguns números do segundo ano na Biblioteca do centro)


Outros temas sobre os que podedes ler e informarvos son : o pasado da nosa igrexa parroquial no
artigo titulado "A igrexa parroquial das Pontes no Arquivo Diocesano de Mondoñedo"; a cultura popular oral, conservada por alguns dos nosos maiores en "Recollida de cultura popular feita polo equipo de etnografía da Asociación Hume"ou mesmo ese tipo de documentos históricos que dentro de nada serán pasado pero que polo momento forman parte dunha rabiosa actualidade como é a elaboración dunha curtametraxe " O relexo da lembranza"por Roberto Rego ( ex-alumno do noso centro e a moita honra) que sabe conxugar moi ben a tradición da lenda que narra coas novas tecnoloxías e que tamén aparece recollida nesta revista.

Todas estas teselas compoñen un mosaico que lle da forma ao noso pasado e que están recollidas aquí como escriben os autores da revista no Limiar "...para que o tempo non borre algunhas das pegadas que el mesmo escribiu nas vidas das xentes que poboaron a vila das Pontes".


Grazas dende aquí aos autores que contribúen co seu traballo á conservación da memoria histórica da nosa vila.