lunes, 23 de noviembre de 2009

25 de Novembro: Historia das irmás Mirabal


Eran catro irmás, Patria, Minerva, María Teresa e Dede Mirabal, da República Dominicana; As tres primeiras son coñecidas polas súas atividades políticas clandestinas contra a tiranía do goberno Trujillista na República Dominicana (1930-1961). Na década dos 40, Minerva coñeceu un xoven político Pericles Franco Ornes, fundador do Partido Socialista Popular, recoñecido como anti-trujillista.

O día 12 de outubro de 1949, nunha festa celebrada en conmemoración do descobrimento de América e coa intención de homenaxear á sociedade da provincia de Espaillat, as irmás Mirabal foran convidadas polo propio gobernador e senador para participar. Compareceran Patria e seu marido Pedro Gonzales, Minerva e Dedé e seu marido Jaime Fernández e Don Enrique Mirabal, o pai.

Como a festa era ao aire libre e comezara a chover moi forte, as irmás resolveran marchar. Trujillo considerou isto coma unha falta de respecto; O gobernor da provincia de Espaillat, suxeriu que D. Enrique mandase unha carta de desculpas ao ditador, máis iso non calmou a Trujillo, que no día seguinte mandou prender a Enrique e Minerva . Minerva foi acusada de ser comunista, e foi intimidada a escribir unha carta a Trujillo, máis ela recusou. Depois de moito inistir os amigos, os dous foran soltos.

No día 25 de novembro de 1960, Patria, Minerva e Maria Teresa viaxaran para visitar a seus maridos na cadea. Voltando da viaxe o seu coche foi parado polos cómplices de Trujillo. O ditador mandou matar cada unha separadamente para así non sentiren a execución da outra. Finxeu un suposto accidente, pero todos sabían quen era o tal asasino. Depois da morte das tres, foi o comezo da decadencia do réxime de Trujillo.

A memoria desas valentes irmás mártires que arriscaran as súas vidas e as ofreceran efectivamente pola causa da muller nos enche de esperanza e nos dá forza para continuar loitando por una sociedade igualitaria na que mulleres e homes podamos vivir en fraternidade humana.

En honor a estas valientes cada 25 de noviembre se conmemora el Día Internacional de la No Violencia Contra la Mujer. Isto estableceuse no Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe celebrado en Bogotá, Colombia no ano 1981.

Todos, mulleres e homes con sensibilidade ante este problema estamos a traballar para erradicalo. Cada quen coas súas forzas, nos concellos coma no noso, dende os centros educativos cada ano tratamos de aproximar aos máis pequenos aquelas razóns que nos fan iguais, ás veces evidentes e outras non tanto. Consulta esta dirección, que loita todo o ano, non só nestas datas pola igualdade. Pero podía ensinarvos máis. Moitas son as campañas que se están a promover para mellorar a situación, aínda que non hai que se relaxar porque falta moito para acadar os obxectivos que pretendemos. Alguén nos prestou isto:



Tamén a chilena Cecilia Domeyko filmou as escenas de recreación histórica dos feitos acontecidos ás irmás Mirabal en Cuba en 2003 con actores de televisión e cine cubanos.

Mariposas, un documental sobre a vida destas irmás e a súa loita, nos anos 50, contra o dictador de República Dominicana, Rafael Trujillo.

No hay comentarios: