martes, 3 de noviembre de 2009

Marcapáxinas


Propóñoche un xogo. Gustariache participar nun concurso? Verás, para o curso vindeiro non temos pensado cal vai ser o marcapáxinas que entregaremos cos libros na Biblioteca. Por que non nos fas ti unha suxestión? Como! Que non sabes como facer un marcapáxinas? Que formas poden ter? Que non tes ningunha idea da que partir?Pois ben, imoste poñer ao tanto sobre todas estas cousas e outras.
Queres saber como e onde xurdiron, dende cando hai marcapáxinas, se existen grupos de coleccionistas...

Se sigues a ler é que estar da cordo coa proposta. Pois ben, se queres esta información dámosche uns enderezos onde poder atopar respostas a todas as preguntas anteriores e a outras máis.

Paréceme estar oíndo que non sabes como facer un. Pois se pinchas aquí vanche aprender como elaborar un ben orixinal, pero non sei se será o peor inimigo da nosa biblioteca, ti que opinas? E se queres practicar o teu inglés, mira neste sitio.

Se premes aquí poderás atopar a unha muller que ten creado un blog para promocionar o coleccionismo de marcapáxinas en Chile en particular e en América Latina en xeral . Verás que a autora deste blog admite axudas, suxestións, comentarios e todo tipo de aportes. Poderías publicar nel o teu marcapáxinas, que che parece?

Pero si o que queres é ver unha chea de puntos de lectura ordenados por temas, categorias, etc en francés, deberás premer aquí, se o que desexas e ver bookmarkers bastante infantiles, ésta é a túa dirección, que queres ver un museo alemán do marcapáxinas?, pois aí che vai.

Seguro que tes oído falar da editorial Kalandraka e incluso tes lido algún libro publicado por eles, pois agora fanche esta proposta.

E que che parece ver unha estupenda mostra de puntos de lectura en catalán pero tamén en galego e outras coleccións interesantes, coma esta e de seguir nesta historia seguro que chegarás a destinos tan curiosos como este, de onde sacamos a foto de arriba e estoutro, onde poderás admirar ademais do que tratamos, unha das bibliotecas máis fermosas do mundo.

Animate a participar! Esto é só o comezo do que pode chegar a ser unha gran afición e ti un gran coleccionista.


3 comentarios:

Biliomanía dijo...

Unha proposta ben creativa e magníficamente documentada.
Eu son das que colecciono marcapáxinas. Grazas polo agasallo.

Ronsel dijo...

Eu, que os colecciono, fico pampa con este post e toda a información que nos dades de xeito tan ameno. Parabéns... e a ver se me gardades algún para min.
Saúdos. Gracia Santorum

Endora dijo...

Bibliomanía e Gracia, estades convidadas a desfrutar de todos os marcapáxinas que elaboremos de aquí en diante.
O pirata é do curso pasado, cando o tema do Club de lectura dos alumnos ía sobre aventura e como ten o calendario do curso pasado e deste polo reverso, estabamolo aproveitando, pero se vos gusta aquí o tedes, dádeme unha dirección e envíovolo.Tamén temos outros de cursos pasados.
Un saudiño