domingo, 28 de marzo de 2010

As aventuras de Reda e Neto

Reda e Neto ensínannos como protexer a vida privada propia e allea cando se tratan datos persoais.
Son personaxes dunha serie de animacións audiovisuais dirixidas aos mozos, nenos e á comunidade escolar encargadas pola  Axencia Vasca de Protección de Datos (AVPD, ), coa colaboración de PantallasAmigas e o asesoramento do Goberno Vasco, Departamento de Educación, Investigación e Universidades.
Ademais existe unha guía dirixida ao profesorado en formato PDF que podes descargar desta páxina.

Nesta páxina web pódese acceder tamén a diversos proxectos, entre eles: Kontuzdatos.Ti decides (15-17), Manuais de uso de Tecnoloxías para rapaces (9-11; 12-14; 15-17).

Os obxectivos finais do recurso son:
  • Que os nenos e nenas aprecien o valor que teñen os seus datos persoais e os doutras persoas, particularmente en medios dixitais. E isto porque a través destes datos poden ser identificados, transmiten unha imaxe de si mesmos e terceiras persoas poden tomar decisións que lles afecten.
  • Que os nenos e nenas desenvolvan unha actitude consciente e activa no control da información persoal, propia ou doutras persoas.
O estilo de comunicación: empregada nestes recursos audiovisuais de breve duración é próximo aos rapaces xa que remiten a personaxes e contos clásicos e permiten o coñecemento mediante o descubrimento.
A idea básica, común a todas as animacións, é que é importante controlar e protexer a información sobre un mesmo e tamén os datos doutras persoas.

As animacións son pequenos cortos de uns 2 minutos cada unha. Presentan aos seus protagonistas, Reda e Neto (nomes recreados a partir dos termos Rede e a súa equivalente Net), en catro aventuras diferentes que queren ilustrar simbólicamente as seguintes ideas:
1. Tes moitos datos persoais e a túa imaxe tamén é moi importante: Atrapados na pócima máxica
2. Os teus datos persoais son un tesouro, protéxeos: Coidando o tesouro fronte aos piratas
3. Tes dereito a non dar todos os teus datos persoais: Aventura medieval e troque de datos
4. Os datos persoais dos demais non che pertencen, pero protéxeos coma se fosen teus: Mensaxeiros interplanetarios.

Despois do visionado de cada animación, propóñense cuestións para o debate que permiten experimentar en contexto real as ideas que as aventuras transmiten. Ademais, relaciónanse actividades a desenvolver coa familia, cuxo obxectivo tamén é sensibilizar a esta do seu papel educativo no uso das tecnoloxías da información e comunicación (TIC), rol que só pode levar a cabo compartindo con eles o uso das mesmas.
Tamén podemos atopar enlaces interesantes coma estes:
Sitios relacionados coa seguridade en Internet e a protección de información persoal
Sitios educativos
  • EducaRed, sitio para aprender e innovar mediante Internet


Grazas a Cristina Novoa da Asesoria de Bibliotecas por estar sempre ao tanto e transmitirnos a información.

domingo, 21 de marzo de 2010

La poesía es un arma cargada de futuro

Queremos celebrar esta data do día internacional da Poesía cun poema de Gabriel Celaya que di así:

"Cuando ya nada se espera personalmente exaltante,
mas se palpita y se sigue más acá de la conciencia,
fieramente existiendo, ciegamente afirmado,
como un pulso que golpea las tinieblas,

cuando se miran de frente
los vertiginosos ojos claros de la muerte,
se dicen las verdades:
las bárbaras, terribles, amorosas crueldades.

Se dicen los poemas
que ensanchan los pulmones de cuantos, asfixiados,
piden ser, piden ritmo,
piden ley para aquello que sienten excesivo.

Con la velocidad del instinto,
con el rayo del prodigio,
como mágica evidencia, lo real se nos convierte
en lo idéntico a sí mismo.

Poesía para el pobre, poesía necesaria
como el pan de cada día,
como el aire que exigimos trece veces por minuto,
para ser y en tanto somos dar un sí que glorifica.

Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan
decir que somos quien somos,
nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno.
Estamos tocando el fondo.

Maldigo la poesía concebida como un lujo
cultural por los neutrales
que, lavándose las manos, se desentienden y evaden.
Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse.

Hago mías las faltas. Siento en mí a cuantos sufren
y canto respirando.
Canto, y canto, y cantando más allá de mis penas
personales, me ensancho.

Quisiera daros vida, provocar nuevos actos,
y calculo por eso con técnica qué puedo.
Me siento un ingeniero del verso y un obrero
que trabaja con otros a España en sus aceros.

Tal es mi poesía: poesía-herramienta
a la vez que latido de lo unánime y ciego.
Tal es, arma cargada de futuro expansivo
con que te apunto al pecho.

No es una poesía gota a gota pensada.
No es un bello producto. No es un fruto perfecto.
Es algo como el aire que todos respiramos
y es el canto que espacia cuanto dentro llevamos.

Son palabras que todos repetimos sintiendo
como nuestras, y vuelan. Son más que lo mentado.
Son lo más necesario: lo que no tiene nombre.
Son gritos en el cielo, y en la tierra son actos."
 Nós queremos por alma neste poema: De noche 
 


 Ás veces os cantautores quedan sen palabras e é entón cando cantan os versos dos poetas que non tiveron voz para cantar. Podemos escoitar a Paco Ibañez interpretando este poema de Celaya.



Non queremos deixar de lembrar neste día a Uxío Novoneyra, o poeta a quen se adica este ano O día das letras galegas.
Nos seus poemas, manifesta o seu compromiso nacionalista sen descuidar a forma poética.

SE o pasado é pasado

"SE o pasado é pasado
i o presente é o urgente
por qué inda busca a xente
aquil soño clausurado?

Vido visto ben Santiago
i esa cuestión non resolta
fago camiño de volta
camiño de volta fago.

Camiño de volta fago
volvo do cabo do Mundo.
Terra sólo en ti me fundo:
é a certeza que trago".

Hai un ano tiñamos aquí a Berta Dávila, xove poeta, que nos felicita este día no seu blog con este poema:

"Non lembro que día foi:

ti contaches os barcos que partiron,
eu contei os que non volveron nunca.

E neles ían embarcados todos.
Todos e cada un dos meus versos.
Todos".


(de Corpo baleiro, Espiral Maior, 2007)

E que mellor celebración que seguir lendo a máis poetas e os seus poemas.

lunes, 15 de marzo de 2010

As Pontes en feminino

Todas as que nos comunicamos contigo dende este blog somos mulleres traballadoras.
Estamos encantadas de encher de actualidade este lugar e tamén a nosa biblioteca.
Con todo preguntámonos se non sería mellor  que algún día non tiveramos que celebrar ou conmemorar este día. Creo que se chegara un 8 de marzo e nin nos acordáramos de que somos mulleres traballadoras, porque ganamos o mesmo que os homes nos nosos traballos, porque non temos preocupación de perder o traballo cando parimos os nosos fillos ou porque a paridade fora total en todos os cargos de responsabilidade. Entón en Europa as ministras, eurodiputadas e outras mulleres non terían como agasallo unha flor, entregada polos seus colegas, que non teñen un día de celebración pararelo a este noso. Entón xa non tería sentido ningún todas as iniciativas promovidas por organismos oficiais, asociacións de mulleres, ONGs, etc.
Namentras chega este día propóñoche algunhas das actividades que organiza O Concello de As Pontes para sensibilizar sobre o papel da muller na nosa sociedade e noutras máis alonxadas.





Esta actividade chámase "Elas nos contos". Trátase de lecturas de contos infantís onde as protagonistas somos nós. Na Biblioteca Municipal.Do 15 ao 26 de Marzo.
















Na Casa Dopeso, o día 17 deste mes, ás 8 do serán, haberá un recital poético co Grupo poético Alalá e o cantautor galego Xoan Curiel.















Tamén na Biblioteca Municipal "A muller na literatura", exposición de libros entre o 15 e 0 26 deste mes de marzo.
















Outras actividades das que podes disfrutar son a Exposición "Realidades de Guinea Ecuatorial e Camerún" da ONG Funciona, que podes visitar entre o 1 e 26 de marzo na Casa Dopeso.
Recorda tamén que o luns 22 ás 7 da tarde no Salón de Actos da Casa Dopeso farase a presentación do Protocolo municipal de actuación en casos de violencia de xénero.

Xa sabes que durante todo o mes no noso centro os alumnos de 1º a 4º da ESO terán a oportunidade de traballar en Igualdade: sistema sexo/xénero, a influencia dos estereotipos de xénero, a socialización diferencial, o uso da linguaxe como instrumento de coeducación,...


viernes, 12 de marzo de 2010

Delibes

Miguel Delibes foi o escritor castelán por excelencia. A súa obra literaria abrangue toda a segunda metade do século XX. Sempre escribiu como el era, a literatura foi un verdadeiro reflexo da súa persoa. A súa narrativa tivo esa dimensión ética  xunto a unha gran mestría na estética.
As súas novelas, os seus escritos periodísticos, os seus artigos ou libros sobre viaxes, de caza son un retrato preciso, e moitas veces crítico, das terras e dos homes da súa Castela natal e un exame para a natureza e perfecta harmonía entre o home eo seu contorno. Miguel Delibes  é o novelista da natureza. Pero desde a súa paisaxe e da súa terra natal, Castela, transcende unha dimensión universal e os seus personaxes son retratos vividos do home na segunda metade do século XX. 


RIP

lunes, 8 de marzo de 2010

Día internacional da muller traballadora

O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita plurisecular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home.

Na antiga Grecia, Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para pór fin á guerra, segundo nos conta Aristófanes; na Revolución Francesa, as parisienses que pedían "liberdade, igualdade e fraternidade" marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino.

A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do século XIX, que foi, no mundo industrializado, un período de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais.

O día 8 de marzo mulleres e homes que traballan polas causas das mulleres conmemoran en todo o mundo os esforzos que estas realizaron por alcanzar a igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento. Máis aló de fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, as mulleres dos cinco continentes organizan diversos eventos para festexar este día.

Sobre o  porque do 8 de marzo existen diversas versións. A máis coñecida é a dun incendio ocorrido nunha fábrica téxtil de Nova York en 1857, onde morrerían queimadas as obreiras que facían unha folga. Segundo a historiadora canadense Renée Côté, non existen probas documentais de que un incendio desas características producísese ese ano, nin que ese feito fose o motivo para establecer unha xornada internacional das mulleres. Si que un 8 de marzo de 1857 unha marcha pioneira de obreiras téxtiles percorreu os suburbios ricos da cidade de Nova York para protestar polas miserables condicións de traballo.
Tamén un 5 de marzo de 1908 en Nova York comezou unha folga das obreiras téxtiles reclamando a igualdade salarial, que se diminuíse a xornada a dez horas e que se permitise un tempo para a lactación.

O Día Internacional da Muller foi instaurado en 1910 pola alemá Clara Zetkin, integrante do Sindicato Internacional de Obreiras da Confección, durante o Congreso Internacional de Mulleres Socialistas en Copenhague, Dinamarca.

O primeiro Día Internacional da Muller celebrouse o 19 de marzo de 1911 en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza, conmemorando un levantamento ocorrido en Prusia nesa data. As demandas foron o dereito ao voto, a igualdade de oportunidades para exercer cargos públicos e o dereito ao traballo.

Os dereitos humanos da muller son parte inalienable, integrante e indivisible dos dereitos humanos universais. A plena participación, en condicións de igualdade, da muller na vida política, civil, económica, social e cultural e a erradicación de todas as formas de discriminación baseadas no sexo son obxectivos prioritarios da comunidade internacional.
Nós queremos render unha homenaxe ao traballo de millóns de mulleres que coa súa acción silenciosa atenúan os defectos da pobreza, resaltar o seu insuperábel  valor como elemento de cambio e transformación e destacar o papel esencial na loita contra a pobreza e a exclusión.
Hernán Zin danos a coñecer historias reais e próximas que co seu liderato engadiron a viabilidade, eficacia e eficiencia dos procesos de desenvolvemento nos que se atopan inmersas. Grazas a el e a Mundo Cooperante que nos achega esta información.
O curso pasado tivemos aquí a Rosemary Nyrumbe que nos contou de primeira man de que maneira participaba na libertade para as escravas sexuais da guerra de Uganda.
Este ano queremos falar de Margarita Barrientos.
A vida desta muller nunca foi fácil. Pertenecía a unha familia de aborixes toba, criouse nunha mísera choza perdida no norte de Arxentina. Trala morte da súa nai, sendo só unha adolescente, Margarita colleu un tren rumbo a Bos Aires en busca dunha oportunidade de progreso. Acabou nun barrio de chabolas da capital porteña, onde casou e tivo dez fillos. Un accidente laboral deixou ao seu marido sen traballo, de maneira que se veu obrigada a recoller comida das basuras urbanas.
O punto de inflexión na súa vida chegou en 1996, cando ao volver de traballar cun carro ateigado de desperdicios descubreu que os nenos dunha casa pegada á súa levaban varios días sen comer. Comparteu con eles o que recollera, basicamente pan dunha panadería.
Juan Carr, activista social arxentino, comezou a colaborar no labor que en silencio estaba a realizar Margarita, que cada vez daba de comer a máis e máis nenos de Villa Soldati.
En doce anos, o traballo desta loitadora medrou exponencialmente. No comedor Los Piletones, preto da súa casa, hoxe da de comer a máis de mil nenos cada día.
Recibeu o premio en 1999 de Muller do Ano en Arxentina o que a fixo visible e entón comezou a recibir axudas coas que puxo en marcha garderías, clínicas, farmacias, proxectos de microcréditos, para a xente do seu barrio.
O primeiro xesto foise multiplicando e así veu transformada a súa vida e dos que a rodean.

Precisamos moitas MARGARITAS coma esta, e hoxe quixemos compartirla con todos vós.