jueves, 27 de marzo de 2008

Algunhas novidades no noso catálogo

Presentámosche unha pequena mostra dos últimos títulos recibidos na biblioteca nestas semanas. Adxuntamos a imaxe da portada xunto cunha breve sinopse ou comentario na lingua na que está escrita a nosa edición da obra.

Tomo a liberdade de comezar por dúas novelas que a min, en particular, parecéronme impresionantes. Dous libros ambientados na mesma época e contexto, que amosan a dura realidade da guerra dun xeito que non che pode deixar indiferente.

La ladrona de libros (Zusak, Markus):

Érase una vez un pueblo donde las noches eran largas y la muerte contaba su propia historia...
Historia de una niña que se refugia en la lectura para escapar del horror de la guerra en la Alemania nazi.

Historia hermosa, cruel e inolvidable.


El niño con el pijama de rayas (Boyne, John):

Bruno, un niño de nueve años, se muda con su familia a una casa junto a una cerca. Cercas como ésa existen en muchos sitios del mundo...

Esta novela no sólo se ha traducido a una treintena de idiomas, sino que ya ha dado comienzo el rodaje de su adaptación cinematográfica.



Illa soidade (Alfaya, An):

Gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia 2007, relata a historia de Lucía quen, nunha viaxe en tren cando vai iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando a súa relación con Soa, unha esmoleira a que coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce no seu barrio.



Vestio (Miranda, Xosé):

A doctora Eva García atópase cun cadáver sen rostro e coas mans esmagadas. Xunto ao cadáver aparecen unha carta e un diario…

Vestío é unha novela de intriga, suspense, pánico e misterio. Unha narración claustrofóbica e aterradora.



Cathy's dreams (Hart, Julie):

Cathy Harris began her life in an orphanage in Sri Lanka. Cathy, now 14, is happy and living in Cornwall, England.

But then she starts to have strange dreams of foreign people and places. Who are the people and where are these places?


Culture shock (Chandler, Janet):

Spanish teenager Paloma Santos is happy with her life. But one day, her parents tell her they're moving to England for three years because of her father's job.

In England, Paloma must improve her English and make new friends. Will she be able to adapt to her new life?



O caderno azul (Alfaya, An):

Querido caderno azul, vou bordar nas túas follas ensoños e lembranzas, páxinas de alegría mesturadas de inquedanzas, camiños descoñecidos que conducen á esperanza...
O cademo azul é un libro moi emotivo centrado no tema do contaxio da SIDA, por unha transfusión de sangue, nunha nena de once anos. Ambientado na cidade de Vigo, a protagonista, Ánxelica, vai escribindo no cademo azul que lle regalou o seu avó os seus sentimentos máis profundos.



La historia del señor Sommer (Süskind, Patrick):

El señor Sommer anda en silencio, de prisa, como si lo persiguieran, con su mochila vacía y un largo y extraño bastón, de pueblo en pueblo, rondando por la campiña y por los sueños y las pesadillas de un niño...

El misterioso señor Sommer no desaparece hasta que el niño ya ha dejado de trepar a los árboles.

Se aínda non coñeces a Firmin, mira o seguinte vídeo:

video

E para rematar, un vídeo de presentación de dous libros, El príncipe de la niebla e El palacio de la medianoche, nos que o maxistral narrador de La sombra del viento, Carlos Ruiz Zafón, ofrece unha inigualable combinación de aventura, misterio e emocións.

video

Se buscas algún libro concreto ou necesitas máis información, accede ao noso catálogo do Proxecto Meiga.

Felices lecturas!!!

viernes, 21 de marzo de 2008

Unha ollada con morriña á Educación

Vin este vídeo en Ordenadores en el Aula. O vídeo informa sobre a Ley General de Educación (LGE) promulgada en España en 1970 polo entonces ministro Villar Palasí.


As imáxes en branco e negro mostran unha visión da educación, un intento de mellora do sistema educativo de entonces. Dende a LGE sucedérose en España as leis educativas sen apenas tempo para evaluar o seu impacto e a súa eficacia. Si queremos mellorar o noso sistema educativo sería desexable unha certa tranquilidade lexislativa. Os cambios na educación só se poden avaliar a longo prazo e está demostrado que os cambios puntuais, aqueles que detectan e atacan unha debilidade do sistema, son máis eficaces que os cambios globais que non fan senón criar incertidumbre e desasosego nun sector que necesita tempo e tranquilidade para levalos a cabo.Que suxestións che fai este vello vídeo?

domingo, 16 de marzo de 2008

O grupo Alalá, poesía viva en As Pontes



O grupo poético Alalá está formado por Anibal Anxo ,Gloria David, Gema Bermúdez, Ofelia López e Santi Del Moral.

O sexto membro deste grupo é Anabel Alonso que ademais de ser a bibliotecaria municipal de As Pontes "Colabora co grupo Alalá desde o principio, non só permitindo, como Bibliotecaria, que os poetas se reúnan na Biblioteca Municipal senón tamén coa súa valiosa participación nas reunións, opinando acertadamente, dando apoio loxístico para a realización dos recitais, ou en calquera outra circunstancia. Anabel é unha importantísima parte do proxecto "Alalá" e sen a súa colaboración sería moi difícil levar a bo termo as inquedanzas do grupo."
(Gloria David)







Levan anos facendo da poesía unha arte. Non só cos seus recitais poéticos senón tamén co seu permanente Obradoiro literario onde podedes acudir se queredes mellorar a técnica da escrita ou simplemente a pasar un rato lendo con eles.









Eduardo Estévez é quen dirixe este obradoiro e tamén fixo a maqueta do seu libro xa publicado no ano 2005 no tradicional Recital de outono.











Gústalles acompañarse doutros poetas e así temos visto canda eles a Xulio López Valcárcel ou a Diana Varela, gañadora da IV Edición do Concurso de Poesía Uxío Novoneyra, arrancar a súa vea máis poética de persoeiros coma Carlos Blanco ou manifestar a súa admiración e respecto por outros poetas consagrados como Manuel María do que se fixo eco incluso La Voz de Galicia.


A música é outro dos seus compañeiros esenciais, o pianista X. M. Campello, o percusionista Ignacio Sáez o trompetista Abel Riveiro, todos eles profesores do Conservatorio Municipal das Pontes, as Cantareiras de Alende e incluso alumnos do propio Conservatorio, alegran coas súas pezas os momentos interlecturas.




Cinco sentidos é o primeiro libro de poemas publicado polo Grupo Alalá.
Foi presentado nas Pontes o día 10 de decembro de 2005. Actuaron como padriños Anabel Alonso, o concelleiro de cultura do Concello , Hixinio Adega e o poeta Eduardo Estévez que leu unhas palabras en nome de Xosé Vázquez Pintor, poeta autor do limiar do libro. Ademais acompañoulles a música tradicional das cantareiras da A. C. Alende.

No día 28 de abril de 2006 o grupo presentou os seus poemas na veciña localidade de Vilalba. Nesta ocasión tiveron como anfitriona, a poeta vilalbesa María Xosé Lamas.
O acto levouse a cabo no Centro Recreativo Cultural.

En Ortigueira presentouse Cinco Sentidos no día 12 de maio de 2006. Nesta ocasión o escritor Narciso Luaces deu paso aos poemas do grupo poético Alalá na Fundación Federico Maciñeira. Tamén as cantareiras da A. C. Alende acompañron aos poetas coas súas cancións.
a



Imos ler alguns dos seus versos

Quixera soterrarte
no meu valeiro
por só un intre.


Terte no fondal
da desesperanza amiga
que me vai roendo os ollos

sen canseira.

Calada e observante.

Con ese meigo silencio humano
tan de teu;
para que
furándome nas entranas
voltara a atopar ese vieiro
de neno
que perdín.


Aníbal Ánxel


Bicos de sal

e de escuma
bicos de estrelas
e pan.

Bicos de orballo
e de lúa
bicos de vento
e de sal.






Gema Bermúdez
( a que seguimos botando de menos como profesora que foi do noso centro)




Sen ti, contigo

Dóeme este feitizo
que te estampa en cada rostro;



esta vontade allea
que te busca en cada esquina.

Dóeme este delirio
que te chama e te suspira;
este desexo inquedo,
esta caricia reprimida.

Dóeme este baleiro
que o meu corpo non entende,
a túa pel espida
nunha imaxe ausente;
esta entrega louca
se é dar somente.

Dóeme estar sen ti
e estar contigo sempre.

Gloria David



Andaina dunha castaña

Castaña, dentro escondida
das espiñas dun ourizo
tes razóns para esperar
a que este bote un sorriso.

Empezas a túa andaina
e para de el te sacar
o mesmo te han de pisar
como se foses un bicho.

Afogada entre as outras
mollada e fría has estar
namentras vas ó poleiro
onde terás que enxugar.

Ó fin nun saco te botan
en transporte a pasear
na tenda estás tan fermosa
deseguido te han comprar.

No mellor posto da rúa
en boa brasa has de asarte
logo a parar no bandullo
do primeiro viandante.

Ofelia López


O vento rabuñaba cos seus ouveos

nas portas pechadas do silencio
querendo roubar os meus segredos,
queréndome deixar o corazón baleiro.





Santi Del Moral


Enderezo electrónico do GRUPO POÉTICO ALALÁ: grupoalala@grupoalala.com

jueves, 6 de marzo de 2008

10 Mulleres de Cine no Século XXI

O cabo dalgúns anos quen queira ter unha idea de como era a sociedade do 2008 e que papel tiña a muller nela terá que votar mán do cine.


Hoxe, anticípándonos aos acontecementos, propoñemos: dez miradas ao mundo fiminino a través de dez historias que nos mostran diferentes etapas das súas vidas.

Empezaremos por ver a aquelas que se incorporan o mundo, pero pola vía da adopción e vindo de lonxe en La pequeña Lola.

Votaremos unha ollada a aquelas nenas que difrutan unha infancia chea de comodidades e o mesmo tempo chea de histerismo, falamos de Pequeña Miss Sunshine.

Moitas mulleres procedentes de outras culturas, por adopción ou emigración, deben loitar na súa xuventude por compatibilizar as súas tradicións co seu contorno e iso e o que fan en Quiero ser como Beckhamn.

E seguindo co inevitable e marabillosa mestizaxe que nos invade, asistiremos a ruptura de tópicos que nos amosan en Las mujeres de verdad tienen curvas.

Pasada a xuventude: toca a vivir, e se non se dan as cousas como se soñaron e preciso poñerse á tarefa e tratar de cambialo todo e iso é o que fai Amelie.

Outras ven truncados os seus anhelos antes de poder cambialos, pero tratan de deixarnos un mundo mellor , como a protagonista de Mi vida sin mí.

En cualquera caso , a consigna e vivir dignamente e iso é o que tratan de facer as mulleres de Mataharis.

Claro que hai cousas que non cambian e os violentos
inimigos da convivencia e a igualdade fan das súas en
Te doy mis ojos.


Pero como dicía unha consigna: podedes arrincar as flores, pero non impediredes a chegada da primavera. Vemos isto no mundo que se inventa a granxeira de La suerte de Emma.

E acabamos cunha dura visión da idade madura en Diario de un escándalo. Que se ben non nos mostra un gran exemplo de vida si nos invita a una profunda e última reflexión.

Buscade estas películas nas bibliotecas, nas tendas ou mesmo nas carteleiras e gardádeas na memoria. Veredes como nuns poucos anos convírtense en documentos de vida deste 2008.


Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da IGUALDADE.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.



sábado, 1 de marzo de 2008

Teselas de cidade de Patricia Casas


O día 29 de febreiro estivo aquí, en As Pontes, no Lar Tucho Calvo para presentar á nova gañadora do 3º Premio de Creación Literaria Biblos-Pazos de Galicia para mozos menores de vintacinco anos . O seu nome é Patricia Casas.

Este certame literario ten un premio ben curioso xa que o gañador poderá pasar un mes a gastos pagos nun pazo como neste caso na Casa Grande do Bachao (s.XVII) e estará tutelado para ultimar a obra por un autor consagrado como nesta edició pola escritora Helena Villar, poeta, narradora e ensaísta cunha ampla experiencia tamén como articulista e docente. O premio conleva tamén un ordenador portátil e a edición da obra en galego e a súa tradución ao castelán.”

A novela de Patricia Casas titúlase Teselas de cidade e aquí a escritora fainos vivir pequenas historias entrelazadas que transcurren nas principais rúas de Coruña.

Recoméndovos que leades esta novela, fresca, encantadora, cercana coa que a autora parece prometer que detrás desta virán máis.