Facémonos eco dunha noticia que consideramos de especial transcendencia e interese para todos vós pois GZ Nova As Pontes vai organizar unha Charla - Debate na Aula Polivalente da Casa Dopeso vindeiro día 29 deste mes ás 20.00 do serán. O obxectivo desta Charla - Debate é achegar a todos e moi especialmente á xente nova, un pouco máis de información sobre este tema.
Xurde esta iniciativa por mor do Proceso de Boloña e a implantación do novo Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).
A súa intención é aportar información con obxectividade para que cada quen se faiga unha opinión propia sobre toda esta reforma, aínda en proceso, da universidade pública.
Para isto teñen convidados a:
- Marcos Loureiro, Responsábel Nacional dos Comités Abertos, sindicato estudantil nacionalista.
- Elena Sierra, Vicerreitora de Calidade e Novas Tecnoloxías da UdC.
- Xulio Ferreiro, Responsábel nacional de Universidade da CIG Ensino e profesor na Facultade de Dereito da UdC.
Promete estar interesante. Anímate e acude cos teus compañeiros para te informar.
viernes, 29 de mayo de 2009
Charla sobre el proceso de Boloña
Publicado por Endora en 1:03 0 comentarios
Etiquetas: Boloña, EEES, Elena Sierra, Galiza Nova, Marcos Loureiro, Xulio Ferreiro
martes, 19 de mayo de 2009
EPÍSTOLA A BENEDETTI
Publicado por Chus ProfedeLengua en 22:51 1 comentarios
viernes, 15 de mayo de 2009
Ramón Piñeiro
Ramón Piñeiro é o persoeiro a quen lle adica A Real Academia Galega este ano o Día das Letras Galegas.
Nace en Armeá, Láncara o 31 de Maio de 1915 e fina en Compostela o 27 de agosto de 1990.
Político, escritor e filósofo. Estudou o bacharelato elemental en Lugo e en 1930 traballou como empregado de oficina nun comercio de Sarria. Durante esta época, a lectura do xornal El Pueblo Gallego espertou nel un grande interese polo movemento político e cultural de Galicia.
En 1932 instalouse en Lugo para estudar o bacharelato superior e relacionouse con mozos galeguistas lucenses, cos que participou na fundación das Mocidades Galeguistas, que posteriormente presidiu.
En 1933 asistiu á asemblea do Partido Galeguista, celebrada en Santiago de Compostela, onde coñeceu a Castelao, Alexandre Bóveda e outros galeguistas, cos que iniciou unha estreita amizade. Participou no coñecido mitin das arengas, celebrado na praza da Quintana en Santiago de Compostela o 25 de xullo de 1934, con motivo do Día de Galicia, xunto a Alexandre Bóveda, Castelao, Ramón Otero Pedrayo e outros.
En 1936 foi elixido secretario do comité provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía. Co inicio da Guerra Civil Española (1936-1939) permaneceu agochado en Lugo ata que foi mobilizado e tivo que incorporarse ao bando nacional.
Ao rematar a guerra comezou os seus estudos universitarios de filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela e en Madrid, e mantivo a súa militancia política clandestina. Influíu na autodisolución do Partido Galeguista e, a partir de 1943, participou na reorganización clandestina do galeguismo.
En 1946 viaxou a París coa misión de xestionar a inclusión de Castelao, aceptado por todas as organizacións galegas, como ministro do goberno de José Giral. Ao seu regreso detivérono en Madrid e condenárono a seis anos de cárcere, dos que cumpriu tres en Alcalá de Henares, Ocaña e Yeserías. Ao saír estableceuse en Santiago de Compostela e defendeu a loita cultural fronte á política, o que lle valeu as críticas doutros sectores galeguistas. Por unha banda tentou manter a estrutura clandestina do galeguismo e, pola outra, iniciar unha vía legal que levase á afirmación de Galicia como pobo nas conciencias dos máis novos. O seu fin era acadar a galeguización xeral da sociedade.
En 1950 participou na fundación da Editorial Galaxia, da que foi o seu primeiro director literario; alí iniciou a colección Grial co ensaio Siñificado metafísico da saudade, que tivo unha enorme repercusión en Galicia e Portugal porque, centrado na filosofía existencialista de M. Heidegger, definiu a saudade como “o sentimento da soidade ontolóxica do home”, co que a converteu na principal achega da cultura galego-portuguesa ao pensamento universal.
En 1963 participou na creación do Partido Socialista Galego e, entre 1966 e 1970, impartiu cursos de verán no Middelbury College de Vermont (EE UU) sobre cultura española. En 1967 ingresou na Real Academia Galega co discurso A lingoaxe e as língoas, en que defendeu a importancia da lingua como sinal de identidade dun pobo, e a finais da década de 1970 cofundou, con outros intelectuais galeguistas, o grupo Realidade Galega para defender que Galicia obtivese un Estatuto de Autonomía en igualdade de condicións ca as outras nacionalidades históricas. Tras a morte de Franco, en 1977 foi candidado ao Senado pola Candidatura Democrática Galega pola provincia de Lugo, pero non foi elixido e o seu nome soou en diversos medios de comunicación como candidato á presidencia da Xunta de Galicia. Foi deputado independente polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia durante a primeira lexislatura (1981-1985) e o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega (1983-1990).
Incluído dentro dos autores da Xeración do 36 que conforman o Grupo Galaxia, foi un dos principais responsables do mantemento do legado cultural do grupo Nós, a través dunha serie de traballos que procuraban a vinculación de Galicia con Europa e que sentaron as bases para o reinicio da normalización cultural no país galego. Escribiu numerosos artigos en Grial e noutras publicacións de temática política e cultural, moitos deles asinados co pseudónimo Luís Veiga do Campo, ademais de limiares e artigos en obras colectivas, como A saudade en Rosalía (1952), A saudade(1953), A lingua sangue do espíritu (1959), A filosofía e o home (1963), Vicisitudes históricas da cultura galega (1975) e Castelao político (1986).
Da súa obra, que xirou ao redor da filosofía da saudade, destacan Pra unha filosofía da saudade (1953), Olladas no futuro (1974), Lembrando a Castelao (1975) e Filosofía da saudade (1984). Ademais, traduciu ao galego, con Celestino F. de la Vega, Cancioeiro de poesía céltica, de J. Pokorny (1952) e Da esencia da verdade (1956) de M. Heidegger. A súa correspondencia editouse en Cartas para os amigos (1992) e Un epistolario de Ramón Piñeiro (2000). Recibiu a Medalla Castelao (1985).
Visita este traballo de IES As Mariñas de Betanzos, unha páxina ben feita entorno á figura de Ramón Piñeiro
Máis información tela naWikipedia
- Na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes podemos atopar documentos sonoros.
Publicado por Endora en 9:01 0 comentarios
Etiquetas: Día das letras galegas, Ramón Piñeiro
miércoles, 13 de mayo de 2009
Ponte ao noso lado
Grazas a Mesturas por poñernos na onda
Publicado por Endora en 18:45 0 comentarios
martes, 12 de mayo de 2009
IN MEMORIAM
Nos dejó Antonio Vega, músico y poeta, y uno de los referentes del pop español. Con su grupo Nacha Pop compuso la banda sonora de la juventud de los 80 que, como ellos, deambulaban por pubs y discotecas llenos de vida y de ilusión. Recuerdo el Clangor, La Facultad, El Dúplex, Black y tantos otros en los que sonaban sus canciones y Chica de ayer ponía el broche de oro a las mágicas noches en Santiago. Hoy, 20 años después, lugares y melodías permanecen en nuestra memoria como huella imborrable de lo que para muchos fueron los mejores años de nuestras vidas...
Por siempre, Antonio Vega.
Publicado por Endora en 20:02 0 comentarios
Etiquetas: Antonio Vega, movida, Nacha Pop
lunes, 11 de mayo de 2009
Por Mario Benedetti
Queremos sumarnos á iniciativa de Pilar del Rio, esposa de Saramago, que solicita leamos a poesía deste insigne poeta pola súa saúde, en este momento un tanto escasa, pois atópase con un grave problema do que esperemos se recupere de camiño. Todos xuntos podemos sumar sinerxias para acadar este fermoso obxectivo que nos propón Pilar.
Asemade, Gabriel Impaglioni, na revista virtual Isla negra, (quizáis por unha das tres casas que tiña en Chile outro poeta,Pablo Neruda? ) convócanos a ler poesía neste mes sempre relacionado con ela, mes do renacemento, da luz...para nós tamén das letras galegas que deben este día á súa poeta máis insigne-Rosalía de Castro- que tal día como outro 17 de Maio adicara a súa obra Cantares galegos a outra escritora, Fernán Caballero.
Por todos estes motivos, e aínda sen eles, quérovos propor ler estes poemas que siguen de Mario Benedetti e seguir a ler máis neste enlace, onde atoparedes aqueles que todos poderemos recitar no noso centro esta semana aproveitando os momentos de lecer.
Saúde e poesía.
ME SIRVE Y NO ME SIRVE
La esperanza tan dulce
tan pulida tan triste
la promesa tan leve
no me sirve
no me sirve tan mansa
la esperanza
la rabia tan sumisa
tan débil tan humilde
el furor tan prudente
no me sirve
no me sirve tan sabia
tanta rabia
el grito tan exacto
si el tiempo lo permite
alarido tan pulcro
no me sirve
no me sirve tan bueno
tanto trueno
el coraje tan dócil
la bravura tan chirle
la intrepidez tan lenta
no me sirve
no me sirve tan fría
la osadía
sí me sirve la vida
que es la vida hasta morirse
el corazón alerta
sí me sirve
me sirve cuando avanza
la confianza
me sirve tu mirada
que es generosa y firme
y tu silencio franco
sí me sirve
me sirve la medida
de tu vida
me sirve tu futuro
que es un presente libre
y tu lucha de siempe
sí me sirve
me sirve tu batalla
sin medalla
me sirve la modestia
de tu orgullo posible
y tu mano segura
sí me sirve
me sirve tu sendero
compañero
Letras de Emergencia (1969-1973)
Publicado por Endora en 22:00 0 comentarios
Etiquetas: Benedetti, Cantares galegos, Fernán Caballero, Gabriel Impaglioni, Isla negra, Pilar del Río, poesía, Rosalía
lunes, 4 de mayo de 2009
Remata a semana adicada ao libro
Hoxe damos por concluídos os actos adicados ao Día do libro (23 de abril) que no noso centro exténdense por uns días.
Dende a Biblioteca colaboramos coas nosas aportacións a outras actividades promovidas por departamentos e polo centro.
Estas son algunhas coas que contamos este ano:
-Exposición de poemas de distintos autores: Esta actividade vén a abondar na intención de facilitar e mellorar a relación dos nosos lectores coa poesía. Xa contamos este curso coa poeta santiaguesa Berta Dávila, regalamos poesía en febreiro e sorteamos libros de poemas (Neruda e a propria B.Dávila) entre os usuarios da nosa biblioteca.
-Mercadiño solidario: Un ano máis colaboramos coa ONG Mundo Cooperante a prol de moitos proxectos de axuda e cooperación que desenvolven en países desfavorecidos do noso planeta. O mercadiño de libros está creado a partires das xenerosas doazóns de todos os membros da comunidade educativa do noso centro. Nós somos tamén quen mercamos os que outros traen, aínda que este ano trasladámolo, a petición de Rosa López ( responsable da ONG en Coruña), á Barha Party que por segundo ano se celebra na nosa vila, coa colaboración do Concello, e alí atopamos moitos veciños da vila realmente solidarios.
-Exposición de libros: A aventura era o tema central das nosas lecturas durante este curso polo que reunimos un nutrido grupo de libros dos nosos fondos e pedimos a Fundación Germán Sánchez-Ruipérez unha selección de títulos en distintas linguas. Con todo isto resultou unha boa mostra deste xénero.
-Rincón de Machado:Coincidindo co setenta aniversario da morte de Antonio Machado, colocamos na entrada do centro un rincón adicado ao poeta sevillano, profesor de francés, cos seus poemas impresos en follas de colores cos que invitabamos a ler aos nosos alumnos e levalos para casa, uns exemplares da nosa biblioteca e unha gran foto cos datos básicos da efeméride completamos este espazo.
-Certame literario: Coas bases publicadas no blog do club de lectura, os cartaces espallados polo centro, tras recoller os traballos presentados, lelos e valoralos, fallamos o "II Certame literario Biblioteca Moncho".
Publicado por Endora en 23:02 0 comentarios
Etiquetas: certame literario, Día do libro, exposicións, Germán Sánchez- Ruipérez, libros de aventura