lunes, 22 de febrero de 2010
Eloxio da novela gráfica
-Will Eisner: El cómic y el arte secuencial e La narración gráfica, son dúas obras onde ti podes aprender a crear novela gráfica. Eisner bríndase como o teu maestro. Estas dúas obras son estupendas para aprender a coordinar historia e texto.
-Pioneira do cómic en Irán coa historia da súa vida, a de unha muller marcada por unha educación entre dúas culturas que loita por vivir segundo os seus principios, Marjane Satrapi : Persépolis.
-Maus, é o único cómic merecedor do premio Pulitzer. Art Spiegelman, autor desta obra reconstrue os momentos que seu pai lle relata do horror dos campos de exterminio nazi e as secuelas que lle deixara a tormentosa relación co seu pai, o suicidio da súa nai e o recordo dun irmán que non chegou a coñecer.
-Kiki de Montparnasse, relata unha vida e unha época apasionantes. A protagonista foi durante máis de vinte anos a musa do barrio parisino de Montparnasse. Vanguardista e liberal, posou para os mellores pintores e relacionouse cos artistas máis relevantes...e May Ray, o seu amor durante varios anos. Publicada por José- Louis Bouquet e Catel Muller en Editorial Sins Entido.
Por último
-Unha historia para todos os públicos, a de Hugo Cabret, un neno orfo que adica o seu tempo libre a manter en hora os reloxos da estación de tren na que vive e a arranxar un antigo autómata. La invención de Hugo Cabret de Brian Selznick, en S.M.
Anímote a lelas, cóntame logo se mereceu a pena!
Publicado por Endora en 19:20 0 comentarios
Etiquetas: Art Spiegelman, Brian Selznick, Catel Muller, José- Louis Bouquet, Marjane Satrapi, Maus, Persépolis, Will Eisner
viernes, 19 de febrero de 2010
Día internacional da lingua materna
Gracias a Cristina Novoa que nos proporcionou a información dende a Asesoría de Bibliotecas.
O Día Internacional da lingua materna establécese en 1999. Faino a Conferencia Xeral da Unesco para promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural.
Por ser domingo, esta vai ser a nosa modesta contribución. Os materiais tomámolos de páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Deixamos posta a exposición que vos mostramos a continuación para coñecemento de todos.
Sentimos que este é un gran día para todos os que cremos que a lingua materna, lingua do afecto debe ser defendida ate as últimas consecuencias pois prescindir dela é renunciar a parte da nosa infancia e do legado dos nosos maiores.
Dicía Álvaro Cunqueiro no Discurso de aceptación do Pedrón de Ouro, "...eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posiblidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ó lado da patria terreal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa".
Publicado por Endora en 11:16 0 comentarios
Etiquetas: Dia internacional da lingua materna
viernes, 12 de febrero de 2010
O entroido
É unha festa pagá de orixe ancestral e longa tradición en Galicia.
Aínda que os días máis importantes son o sábado e o luns, polo menos na nosa vila, comeza o entroido tres domingos antes, dependendo da zona: Folecheiro cando os mozos lle guindan cinza aos viandantes, hoxe moi ben organizados; Fareleiro, o que se lanza agora é o farelo; Corredor, tíranselle formigas á xente ou aproveitaxe para ter un xantar de confraternidade. Celebrábase tamén o xoves de compadres e o de comadres e remátase co enterro da sardiña o mércores de cinza.
Segundo as distintas latitudes o entroido adórnase de choqueiro, pelicán, xeneral, cigarrón,etc sendo os lugares de máis sona os de Laza, Xinzo, Verín e outros.
A nosa particular celebración tivo lugar hoxe, venres 12. As dúas últimas horas de clases adicámolas a esta tradicional festa.
Cada quen vestiuse do que máis lle gustou ou o primeiro que atopou. Os cursos organizados por temas ou libremente desfilaron polo polideportivo onde un esixente xurado, non só o público, asistiu ao desfile do resto.
Déronse premios aos mellores, comemos orellas e freixos porque os pais nos agasallaron con eles e colorín colorado este conto ten rematado. Ata o curso vindeiro!!!
Publicado por Endora en 13:09 0 comentarios
Etiquetas: choqueiros, cigarróns, entroido, Laza, pelicáns, peliqueiros, Verín, xenerais, Xinzo
miércoles, 3 de febrero de 2010
Febreiro comeza a poesía
Mes frío, chuvioso, ventoso, como di o refrán "Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira".
Nós queremos darlle temperatura, suavizalo, endulzalo e que mellor que dedicalo á poesía.
Temos preparadas variadas actividades. Xa viches o cartaz que colocamos na entrada do centro. Nel tratamos de darche a coñecer todas e cada unha das propostas que temos elaboradas para estas datas. Por certo que xa sei que deu que falar o corazón "partío". A idea era que non identificaramos os poemas co o amor. Aínda que este é un dos sentimentos máis ensalzados polos poetas, tamén hai outros ben fermosos adicados a calquera cousa aínda a máis trivial. É por iso que ao final desta nova déixovos poemas das pequenas cousas.
-Poemas para San Valentín: como todos os anos propomos dende a Biblio poemas cos que podes acompañar as cartas de amor e amizade que envíes. Creo que a selección deste ano vaiche gustar. Temos os que máis levastes estes anos pasados e propostas novas. Os profes que colaboraron recomendaron os que máis lles fan sentir a eles. Habémolos de recoller nunha publicación.Cóntocho despois.
Cantos máis envíes, máis posibilidades tes de que che toque algún dos agasallos que sortearemos entre todos os participantes.
-Libretas de poemas: Co título de "Poetas di(n)versos" queremos sintetizar o que hai dentro delas. Ti es un poeta, outros consagrados tamén o son. Todos ides estar presentes nelas e as mellores tamén acadarán un premio. Non só desfrutarás participando, senón tamén recibirás un agasallo.
-Día 21 de marzo: Celebraremos este Día Internacional da Poesía coa presenza da poeta Eva Veiga, que nos falará de poetas,poemas, versos e rimas; lerá algo da súa obra poética, interactuará con todos e pediremoslle ao final que vos entregue todo o que temos reservado para os participantes destas iniciativas que acabo de contar.
-Publicación de poemas: Imos comezar cunha serie de publicacións onde se recollan os poetas e poemas que preferimos. Queremos contaxiar aos mais do noso gusto pola poesía. Este ano reuniremos aqueles que os profes nos proporcionaron, que foron de sempre preferidos ou que rematan de coñecer e queren compartir con todos.
Déixovos agora con estes poemas. Catulo, poeta do século I a. C, teríaos chamado "Nugae". Pero el escribeu moito sobre o amor e o desamor. Mira o seu poema 85.
Odio e amo
Odio e amo. Quizás preguntes por que o fago.
Non o sei, pero siento que é así e sufro.
Dicía Rosalía de Castro en Cantares Gallegos
Has de cantar
que che hei de dar zonchos;
has de cantar,
que che hei de dar moitos.
Mira agora o que escribe tamén unha poeta chamada Concha Méndez, da Xeración do 27, sobre os mapas.
Dice no con la cabeza
pero dice sí con el corazón
dice sí a lo que quiere
dice no al profesor
está de pie
lo interrogan
le plantean todos los problemas
de pronto estalla en carcajadas
y borra todo
los números y las palabras
los datos y los nombres
las frases y las trampas
y sin cuidarse de la furia del maestro
ni de los gritos de los niños prodigios
con tizas de todos los colores
sobre el pizarrón del infortunio
dibuja el rostro de la felicidad.
Versión de Aldo Pellegrini
inevitables golosas,
vosotras, moscas vulgares,
me evocáis todas las cosas.
¡Oh, viejas moscas voraces,
como abejas en abril,
viejas moscas pertinaces
sobre mi calva infantil!
¡Moscas del primer hastío
en el salón familiar,
las claras tardes de estío
en que yo empecé a soñar!
Y en la aborrecida escuela,
raudas moscas divertidas,
perseguidas
por amor de lo que vuela,
- que todo es volar -, sonoras
rebotando en los cristales
en los días otoñales…
Moscas de todas las horas,
de infancia y adolescencia,
de mi juventud dorada;
de esta segunda inocencia,
que da en no creer en nada,
de siempre… Moscas vulgares,
que de puro familiares
no tendréis digno cantor:
yo sé que os habéis posado
sobre el juguete encantado,
sobre el librote cerrado,
sobre la carta de amor,
sobre los párpados yertos
de los muertos.
Inevitables golosas,
que ni labráis como abejas,
ni brilláis cual mariposas;
pequeñitas, revoltosas,
vosotras, amigas viejas,
me evocáis todas las cosas.
Publicado por Endora en 20:58 0 comentarios
Etiquetas: Antonio Machado, Catulo, Concha Méndez, Eva Veiga, Jacques prévert, nugae, poemas, poesía, poetas, San Valentín
lunes, 1 de febrero de 2010
2010: Ano do libro e da lectura
Non parece por casualidade que coincida co Ano Xacobeo pois preténdeselle dar certa dimensión no exterior á nosa cultura e á nosa lingua.
Moitas son as iniciativas:
- Animación cultural
- Libros sobre rodas
- Noite dos libros
- Camiños de amor e lúa
- Exposicións:
- "A palabra convertida en arte", sobre a escrita medieval.
2. Congresos e Exposicións
- "I Encontro Internacional sobre Literatura de Viaxes" en Santiago.
- " I Semana Auria de Novela Histórica".
- Congreso Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
- Centenario do nacemento de Torrente Ballester e Luís Seoane.
- Acto conmemorativo dos 125 anos do pasamento de Rosalia.
- Homenaxe a Uxio Novoneyra, a quen este ano a Academia lle adica o Día das Letras Galegas.
Son variados os proxectos entorno a este aspecto.
- "A Festa das letras": Feira do Libro que este ano comeza en Lugo e que irá cambiando de localidade cada ano.
- Fóra do País, as feiras de Boloña, Madrid, Bos Aires, Frankfurt terán presenza galega, dos nosos escritores e editores, dos nosos libros.
- "Palabra de autor, palabra de autora", na televisión, servíndose deste medio para a divulgación das obras literarias galegas e os seus autores.
Neste ano tan especial, varias campañas de animación lectora e escritora e mesmo actividades relacionadas coas traducións percorreran as vilas galegas.
Prométese neste cobizoso plan un desenvolvemento do marco normativo do libro e as bibliotecas.
Esperemos a ver materializadas todas estas boas intencións!
Avaliaremos nunha nova no noso blog todo isto ao final do ano.
Tedes máis datos premendo aquí.
Publicado por Endora en 17:15 0 comentarios