viernes, 30 de enero de 2009

Pola Paz: Binta e a gran idea

Curtametraxe que pertence á película "No mundo a cada rato". Rodada en Senegal coa axuda de UNICEF, conduce ao espectador ao mundo de Binta, unha nena de sete anos que pon en marcha unha obra de teatro infantil para mostrar o desexo da súa curmá de ir á escola. Desta maneira aparentemente sinxela, somos observadores da realidade doutras realidades, que nos resultan difíciles de crer en comunidades contemporáneas.

É un berro pola libertade e a igualdade...Pola Paz.




Este é un traballo colaborativo dalgunhas bibliotecas do PLAMBE 2009.Grazas polo voso esforzo.

Instruccións para lembrar a Cortázar


Estase a cumplir o vintecinco aniversario da morte de Julio Cortázar, un dos grandes renovadores da literatura latinoamericana.
Cortázar: escritor arxentino nacido en Bruselas e que viviu en París gran parte da súa vida, onde ambientou unha das súas novelas máis inolvidábeis, Rayuela. Adicouse inicialmente ao ensino para acabar como traductor de la UNESCO en París. Defensor da causa revolucionaria en Cuba e de cantos movementos populares sacudiron ao continente americano nos duros anos das ditaduras militares.
É probable que ao escritor lle parecera máis interesante conmemorar a data na que aprendeu a chorar ou a subir escaleiras ou a besar, pero a nós, que ás veces e por desgracia parecémonos máis ás Famas que aos Cronopios, esta data sérvenos para lembrar esa figura xigantesca das letras hispanas.
Entre as súas obras máis salientables, especialmente no xénero do relato curto, deberemos mencionar Bestiario (1951), Las armas secretas (1959), Todos los fuegos el fuego (1966) Octaedro (1974) e Queremos tanto a Glenda (1981).
Ata pronto Cortázar.
Deixámosvos un texto útil das Instrucciones para llorar, da obra Historias de cronopios y de famas:

" Dejando de lado los motivos, atengámonos a la manera correcta de llorar, entendiendo por esto un llanto que no ingrese en el escándalo, ni que insulte a la sonrisa con su paralela y torpe semejanza. El llanto medio u ordinario consiste en una contracción general del rostro y un sonido espasmódico acompañado de lágrimas y mocos, estos últimos al final, pues el llanto se acaba en el momento en que uno se suena enérgicamente. Para llorar, dirija la imaginación hacia usted mismo, y si esto le resulta imposible por haber contraído el hábito de creer en el mundo exterior, piense en un pato cubierto de hormigas o en esos golfos del estrecho de Magallanes en los que no entra nadie, nunca. Llegado el llanto, se tapará con decoro el rostro usando ambas manos con la palma hacia adentro. Los niños llorarán con la manga del saco contra la cara, y de preferencia en un rincón del cuarto. Duración media del llanto, tres minutos. "

E tamén algo da súa voz.


martes, 20 de enero de 2009

2º CERTAME LITERARIO ORGANIZADO POLA BIBLIOTECA DO IES MONCHO VALCARCE




Con motivo da celebración do Día do Libro o 23 de abril, a biblioteca do IES Moncho Valcarce vai celebrar o 2º certame literario de relato breve que ten as seguintes bases:
1. A convocatoria vai dirixida a todo o alumnado do IES Moncho Valcarce. Cada alumn@ poderá participar cun só conto.
2. As obras que se presenten a este certame de relato breve poderán estar escritas tanto en lingua galega como en lingua castelá.
3.- O tema deste ano será o relato de aventuras.
4. As narracións terán una extensión máxima de oito folios DNA 4, escritos a ordenador ou a máquina a dobre espazo e por unha soa cara, con fonte de corpo 12.
5. Establécense dous premios para cada ciclo:
- Primer ciclo (1º e 2º de ESO):
· 1º premio: cheque regalo por valor de 50 euros e lote de libros.
· 2º premio: cheque regalo por valor de 30 euros e lote de libros
- Segundo ciclo (3º, 4º de ESO e PCPI ):
· 1º premio: cheque regalo por valor de 50 euros e lote de libros.
· 2º premio: cheque regalo por valor de 30 euros e lote de libros
- Bacharelato (1º e 2º):
· 1º premio: cheque regalo por valor de 50 euros e lote de libros.
· 2º premio: cheque regalo por valor de 30 euros e lote de libros

6. As obras deberán presentarse nun sobre aberto asinadas cun lema ou seudónimo, que figurará tamén noutro sobre pechado, xunto co título da obra. No interior do sobre pechado farase constar a identidade do autor e curso.
7. Os orixinais entregaranse na biblioteca do IES. O prazo de admisión finaliza o día 26 de marzo de 2009.
8. O xurado estará composto por membros (profesor@s e alumn@s) do Club de lectura “Felices aventuras”.
9. O acto de entrega dos premios terá lugar o día 23 de abril na biblioteca durante o segundo recreo.
10. As obras presentadas poderán ser expostas na biblioteca e/ou incluídas no blog da mesma. Tamén se contempla a posibilidade de seren publicadas nun libro.
11. A participación no Certame implica a total aceptación destas bases

domingo, 11 de enero de 2009

PALESTINA

Asistimos impotentes aos ataques e a masacre de Israel sobre Palestina. Case 900 mortos, a maioría civís. Moitos menores, nenos e adolescentes como os que nós educamos. Os nosos levan as veces a kefia, o pano palestino, porque está de moda pero moitos ignoran o seu significado, o seu valor como símbolo da causa Palestina. Estaría ben que o souberan.
Nós dende aquí so temos unha arma, a palabra: os versos que nos deixaron tantos poetas que sufriron as guerras, que tomaron partido pola paz, que abanean as nosas conciencias para que non nos durmamos. Agora, como tantas outras veces antes, é hora de pedir a paz e a palabra. Palestina, Congo, Afganistán,...






He cerrado mi balcón
porque no quiero oír el llanto,
pero por detrás de los grises muros
no se oye otra cosa que el llanto.
Hay muy pocos ángeles que canten,
hay muy pocos perros que ladren,
mil violines caben en la palma de mi mano.
Pero el llanto es un perro inmenso,
el llanto es un ángel inmenso,
el llanto es un violín inmenso,
las lágrimas amordazadas al viento,
y no se oye otra cosa que el llanto. Federico García Lorca.



Sólo le pido a Dios
que la guerra no me sea indiferente,
es un monstruo grande y pisa fuerte
toda la pobre inocencia de la gente.
Sólo le pido a Dios
que el dolor no me sea indiferente,
que la reseca muerte no me encuentre
vacío y solo sin haber hecho lo suficiente.
Sólo le pido a Dios
que lo injusto no me sea indiferente,
que no me abofeteen la otra mejilla
después de que una garra me arañó esta suerte.
Sólo le pido a Dios
que lo injusto no me sea indiferente,
si un traidor puede más que unos cuantos,
que esos cuantos no lo olviden fácilmente.
Sólo le pido a Dios
que el futuro no me sea indiferente,
desahuciado está el que tiene que marcharse
a vivir una cultura diferente.
Sólo le pido a Dios
que la guerra no me sea indiferente,
es un monstruo grande y pisa fuerte
toda la pobre inocencia de la gente. León Gieco.

lunes, 8 de diciembre de 2008

II Feira Galega das Industrias Culturais


Entre o 4 e o 7 deste mes , na Coruña, tivemos a oportunidade de asistir a Cultur.gal. Isto é un espazo onde os diferentes sectores culturais galegos presentaron, amosaron, promocionaron, difundiron e venderon os seus produtos e servizos.
Durante estes catro días desenvolveuse unha intensa programación. Nós tivemos a sorte de participar no Foro das Letras Vivas. Neste foro a Consellería de Cultura e Deporte, a través do director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará presentounos un conxunto de accións no programa de animación Letras Vivas buscando promover a creación dunha programación estable de animación á lectura en bibliotecas e outros ámbitos. As propostas queren fomentar o achegamento aos libros desde unha perspectiva lúdica, mediante actividades de animación e de carácter formativo. Todas elas son desenvolvidas por profesionais ou por grupos con acreditada experiencia na realización de espectáculos e actividades de fomento da lectura.
Así vimos pinceladas do que poden facer profesonais como Altega, Bugalú, Reverso, Argallando, Duende Sico, A Locamotora...Estes creadores amosaron as súas propostas de primeira man.
A Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG) traeron ao Cultur.gal a 48 escritores e escritoras que foron entrevistados durante a feira, entrevistas que se emitiron pola rede e que serán editadas para a súa difusión. Entre eles estaban: Antón Corizas, Antón Reixa, Camilo Franco, Eva Veiga, Manuel Rivas ou Yolanda Castaño.
Pero tamén puidemos falar con Tucho Calvo e a súa proposta de Biblos, follear as últimas publicacións de Rinoceronte, Xerais, Positivas... Unha delicia para os que disfrutamos neste ambente de libros, música, artes escénicas, etc.



Cultur.gal creo que busca ser unha plataforma referencia imprescindíbel e obrigada, a xeito de cita anual, para o libro, o audivisiul, a música, as artes escénicas, os servizos socioculturais e as novas tecnoloxías da cultura e do lecer en Galiza.

domingo, 30 de noviembre de 2008

Mal de escola


Gustaríame que consultárades este enlace que vos propoño. Aquí Daniel Pennac, autor de obras coma Los frutos de la pasión, El hada carabina, El dictador y la hamaca, entre outras, escribe da escola dende o punto de vista dos antiheroes, é dicir, os malos alumnos. Podedes ler os tres primeiros capítulos desta obra e se vos interesa podemos compralo para completar a lectura. Para iso só tes que facer a suxestión enviándonos unha nota ao noso buzón que podes atopar na entrada da biblioteca.

É unha páxina moi chula.
A ver que vos parece!!!

viernes, 28 de noviembre de 2008

Outro premio moi importante: O Cervantes

O ministro de Cultura, César Antonio Molina, anunciaba hoxe sobre as 5 da tarde que o escritor barcelonés Juan Marsé, de 75 años, viña de gañar o Premio Cervantes 2008, considerado o máis importante das letras hispanas.


Dixo del que se trataba de "un escritor familiar, con gran sensibilidad y que nos ha ayudado a comprender los tiempos en los que hemos vivido". Ademáis, apuntou a súa contribución "a la lengua común de 500 millones de personas".

O gañador deste mesmo premio en 2007, o poeta Juan Gelman, presente na entrega, destacou o "realismo" de Marsé e alabou as obras Si te dicen que caí ou El embrujo de Shanghai ( que as podedes atopar na nosa biblioteca).

Joan Marsé, chamado realmente Juan Faneca e nacido o 8 de xaneiro de 1933 en Barcelona, é un escritor autodidacta que pon as súas palabras ao servicio da literatura, o cine e o periodismo que fala en español. Así concedéronlle en México o Premio Internacional de Novela por Si te dicen que caí (1973), que foi levada ao cine en 1989 por Vicente Aranda; La muchacha de las Bragas de oro, Premio Planeta en 1978 e tamén levada ao cine por Aranda ou Rabos de agartija (2000), coa que obtuvo os Premios Nacional de Narrativa e da Crítica en 2001.

miércoles, 26 de noviembre de 2008

JUAN GOYTISOLO. PREMIO NACIONAL DE LAS LETRAS 2008.

Cuando le comunicaron ayer que había sido galardonado con el prestigioso Premio Nacional de las Letras, Juan Goytisolo decidió ir a darse un paseo. Acababa de llegar de México, donde participó en el homenaje al escritor Carlos Fuentes, y estaba en Madrid, en un hotel, esperando para regresar a Marrakech, su residencia habitual. A este apátrida comprometido con las culturas minoritarias rechazadas, a este intelectual lúcido y ácido, a este escritor inquieto e incómodo, no le impresionan los premios, pero a nosotros, los que lo leemos y admiramos, nos reconforta pensar que al fin, desde las instituciones, se reconoce la valiosa aportación a las letras españolas de este gran literato y pensador.

Juan Goytisolo nació en Barcelona en 1931. Hermano del también novelista Luis Goytisolo y del fallecido poeta José Agustín Goytisolo, es autor de una variada obra narrativa y ensayística, que fue prohibida en España por la censura de la dictadura franquista. En la biblioteca del IES tenemos una de sus primeras novelas, Duelo en el paraíso, ambientada en la guerra Civil española, narra la historia de un grupo de niños que, tras la retirada de las tropas, quedan dueños de una aldea de Cataluña e imitan trágicamente a sus mayores.

sábado, 15 de noviembre de 2008

...se hace camino al andar


Estamos a punto de te convocar para o novo Club de lectura da Biblioteca. Xa sabes que o tema das lecturas deste curso vai ser a AVENTURA, con maiúsculas. Podemos disfrutar viaxando a Lúa, dando a volta ao mundo en 80 días, sendo Robinsones nunha illa deserta...Todo o que queiras está esperándote nesas novas lecturas que compartirás con outros no tempo de lecer.

Hai tamén a posibilidade de que nos axudes na administración da Biblioteca, prestando e recollendo devolucións de libros, ordeando os andeis, etc.

Terás tamén un blog onde engadir as túas suxestións. Felices Aventuras

Estamos a punto de facer camiño, un camiño antigo que moitos xa coñecedes do curso pasado pero para outros será un novo camiño. Felices lecturas e Felices Aventuras


Como dicía Antonio Machado en Cantares :


Todo pasa y todo queda,
pero lo nuestro es pasar,
pasar haciendo caminos,
caminos sobre el mar.
..
Nunca persequí la gloria,
ni dejar en la memoria
de los homres mi canción;
yo amo los mundos sutiles,
ingrávidos y gentiles,
como pompas de jabón.
.
Me gusta verlos pintarse
de sol y grana, volar
bajo el cielo azul, temblar
súbitamente y quebrarse...
.
Nunca perseguí la gloria.
.
Caminante, son tus huellas
el camino y nada más;
caminante, no hay camino,
se hace camino al andar.
.
Al andar se hace camino
y al volver la vista atrás
se ve la senda que nunca
se ha de volver a pisar.
.
Caminante no hay camino
sino estelas en la mar...
.
Hace algún tiempo en ese lugar
donde hoy los bosques se visten
de espinos
se oyó la voz de un poeta gritar
"Caminante no hay camino,
se hace camino al andar..."
.
Golpe a golpe, verso a verso...
.
Murió el poeta lejos del hogar.
Le cubre el polvo de un país
vecino.
Al alejarse le vieron llorar.
"Caminante no hay camino,
se hace camino al andar..."
.
Golpe a golpe, verso a verso...
.
Cuando el jilguero no puede
cantar.
Cuando el poeta es un peregrino,
cuando de nada nos sirve rezar.
"Caminante no hay camino,
se hace camino al andar..."
.
Golpe a golpe, verso a verso.


ESTATE ATENTO AOS CARTEIS QUE ESTÁN A PUNTO DE APARECER POLO CENTRO E QUE CHE PROPORCIONARÁN A INFORMACIÓN QUE PRECISAS!!!!!!!!!!!

viernes, 17 de octubre de 2008

O último nobel de literatura: Jean-Marie Gustave Le Clézio


Jean-Marie Gustave Le Clézio (Niza, 1940) foi distinguido o pasado día 9 co Premio Nobel de Literatura 2008. O xurado considérao como un escritor da ruptura, da aventura poética e do éxtasis sensual. Din del que é un explorador da humanidade que vai máis alá e que entra nas entrañas da civilización .
Os relatos nos que Le Clézio critica valores da civilización occidental e nos que introduce episodios autobiográficos influiron poderosamente na decisión do xurado, que así se decanta por marcar distancias coa cultura que merece a catalogación de oficial.
Entre os traballos de Le Clézio destacan, segundo os críticos literarios franceses, as novelas O africano (2004), Onitsha (1991) e, sobre todo, Urania (2006), que en Francia e Norteamérica obtivo moi bos resultados comerciais.
O novo premio Nobel, fillo de francesa e de inglés, estudiou Literatura e foi docente en Bristol, Londres e Aix en Provence. Actualmente vive en Novo México, EEUU. Trátase dunha persoa de formación multicultural, que escribe habitualmente en francés.
Le Clézio é o décimocuarto escritor nacido francés que acada este recoñecemento.



Podedes ler algunha obra que temos na nosa biblioteca como esta, traducida ao galego pola editorial Xerais.







jueves, 16 de octubre de 2008

Lecturas recomendadas para o primeiro trimestre



Tedes todos na nosa biblioteca.

1º ESO

LOURENZO GONZÁLEZ, Manuel: No outono das fragas

Manel é un adolescente que goza contemplando a natureza. Un día, divisa un paxaro exótico e decídese a seguilo. Entra tras el nun bosque próximo a Miravelle, a súa aldea. Pese a que a industrialización deixara o bosque mermado, cando Manel intenta saír del, decátase de que é moito máis espeso do que recordaba e acaba perdéndose. Pronto ha descubrir que o bosque está encantado e que o levará a unha viaxe pola historia e as lendas de Galicia.

Un conto fantástico que incorpora elementos populares e pasaxes da mitoloxía galega que levan ao coñecemento dun lugar a través do seu pasado.


Doald Dahl: Charlie y la fábrica de chocolate

El dueño de la fábrica de chocolate Wonka ha escondido cinco billetes dorados en sus chocolatinas. Esos billetes permitirán, a quienes los encuentren, entrar en la misteriosa fábrica, que oculta muchas e increíbles sorpresas. Charlie, un chico pobre que solo puede comer chocolatinas el día de su cumpleaños, tiene la suerte de obtener uno, pero esa visita cambiará su vida...
Puedes encontrar este libro en la editorial Alfaguara, en la colección juvenil Serie Azul

2º ESO

LOWRY,Lois: Conta as estrelas

Jordi Sierra i Fabra: El asesinato de la profesora de lengua

Soledad, una profesora de lengua, está harta que sus alumnos no se esfuercen en clase. La desesperación llega a tal punto que un día envía una carta a sus alumnos notificándoles que al final del día asesinará a uno de ellos si no son capaces de resolver un enigma. La solución del enigma la encontrarán a través de juegos basados en lengua y literatura. La profe intentará hacer ver a sus alumnos que tanto la lengua como la literatura no son tan aburridas como ellos creen.
Encontrarás este libro en la editorial Anaya, en la colección juvenil El duende verde.

3º ESO

CARBALLUDE, Pepe: Investigación 091






Emili Teixidor: Marcabrú y la hoguera de hielo

Esta novela ambientada en la edad Media, narra las peripecias de Marcabrú, un joven juglar que recorre los caminos tocando su laúd acompañado de otros juglares y titiriteros como el ciego de Cabrera, el Imitador de Pájaros o la juglaresa Matilde. Pero Marcabrú no es un simple juglar, su pasado esconde una misteriosa historia. ¿Quién es, en realidad, Marcabrú?
Encontrarás este libro en la editorial Oxford, en la colección Nautilus.

4ºESO

TORO,Suso de: Morgún

1ºBAC

ALCALDE, Xabier: A sorte de espertar


Varios autores: Cuentos medievales españoles. Nueva Biblioteca Didáctica, Anaya.

Uno de los géneros de ficción de mayor difusión durante la Edad Media fue el cuento. Formalmente, se caracteriza por su brevedad y por su lenguaje sencillo, ya que los cuentos estaban destinados sobre todo a un público iletrado. En cuanto a su contenido, prima su intención didáctica, es decir, a través de ellos se pretendía transmitir una enseñanza moral. En esta antología aparece recogida una muestra de estos relatos, algunos de tradición oriental, como Calila e Dimna, otros creados en la Europa cristiana, como los ejemplos del Libro de Patronio. Todos te ayudarán a conocer mejor la mentalidad de la época medieval.

2º BAC

CABANILLAS, Ramón: Da terra asoballada (p)

CABANILLAS, Ramón: Na noite estrelecida (p)

LUGRÍS FREIRE, Manuel, A Ponte (t)

RISCO, Vicente: O porco de pé (n)

RISCO, Vicente: Mitteleuropa (e)

OTERO PEDRAYO, Ramón: Os camiños da vida (n)

OTERO PEDRAYO, Ramón: Contos do camiño e da rúa (n)

OTERO PEDRAYO, Ramón: Arredor de si (n)

CASTELAO, Alfonso Daniel R.: Retrincos (n)

CASTELAO, Alfonso Daniel R.: Cousas (n)

CASTELAO, Alfonso Daniel R.:Sempre en Galiza (libro primeiro)(e)

DIESTE, Rafael: A fiestra valdeira (1927) (t)A fiestra valdeira, peza teatral indiscutíbel da creación dramática, deuna a coñecer Rafael Dieste en 1927, nunha lectura pública que foi o seu discurso de entrada no Seminario de Estudos Galegos, ano en que aparece a primeira edición, que non será definitiva até a que Luís Seoane prepara en 1958, cunha revisión do autor.

Se queres saber máis pincha no enlace desta obra.

MANUEL ANTONIO: De catro a catro (p)

AMADO CARBALLO :Proel (p)






lunes, 13 de octubre de 2008

In memoriam Ramiro Fonte

O pasado día 11 morría en Barcelona o poeta eumés Ramiro Fonte, na actualidade director do Instituto Cervantes de Lisboa. O que foi unha das voces máis interesantes da poesía galega contemporánea, pertenceu ao grupo “Cravo Fondo” nos anos sesenta. É autor dunha longa e fonda obra lírica.Algúns dos seus títulos son: : As cidades da nada (1983), Designium en 1984, Pasa un segredo en 1988, Adeus Norte en 1991 ou Capitán Inverno en 1999.

Non descuidou tampouco o ensaio e a narrativa da que cómpre destacar a triloxía Vidas de infancia.
Del escribiu Suso de Toro:
“Su tema fue la vida; o sea, el tiempo. Hay poetas que son capaces de dejarse poseer por cosas no humanas, pero Ramiro escribía siempre desde dentro de sí, estaba lleno de él, su obra en poesía y prosa es el relato de su vida. En los últimos años, desde 2003, nos ofreció una trilogía con sus memorias de infancia. Lo único para contar es la infancia, lo demás es redundancia, y Ramiro volvió a ver con ojos de niño el barrio y la villa de Pontedeume, su centro del mundo. El primer volumen, Os meus ollos, estuvo sobre la mesa del Premio Nacional; no tuvo esa suerte el relato de aquel niño de Pontedeume envuelto en la magia que desde el balcón de su casa oye las campanas, bebe de todas las fuentes de su pueblo y descubre los secretos de los mayores. Ramiro fue leal a sí mismo, a su infancia y a su carácter y, obstinado, realizó algo así como un destino. Cuando acabó sus memorias, se le acabaron los meses”.

XARDÍN DO PASATEMPO

Vou visitar o xardín
Do pasatempo este día,
Por se encontro a melodía
Deses versos que perdín
E que están dentro de min.
Competir cun reiseñor
Que é preguiceiro e cantor,
Sen darlle a ningúen a lata,
Será unha tarefa grata
E un artístico labor.
….

Nalgunha vida anterior
Estiven neste lugar
Ó que veño pasear.
O recendo desa flor
Resúltame familiar,
Ten algo de evocador.
A estranxeira araucaria
Vólvese aquí hospitalaria,
E a solitaria palmeira
Fica aquí nos días de feira.
…

Este xardín terrreal
Desterrou as esculturas
Dos dragóns, das criaturas,
O marmóreo pedestal
Que sotiña un xeneral.
Abriulle a xaula á quimera
A pasada primavera.
Pero xira un carrusel,
E ti dás voltas con el,
Dás voltas a vida enteira.



* Texto lido, en representación dos amigos e amigas de Ramiro Fonte, no cimeterio de Pontedeume no serán do 13 de outubro,


sábado, 11 de octubre de 2008

OUTRO ANO, NOVAS LECTURAS, NOVAS AVENTURAS


11 de outubro de 2008
Parece que foi onte cando nos embarcamos na impredicible tarefa de levar a bo porto este blog e xa levamos un ano de andadura. Como un Robinson Crusoe, ousado e inquieto, arroxado á costa por un vento feroz, nós tamén sentimos a soidade do océano ao erguer a vista ao fronte, pero conscientes da nosa responsabilidade no noso destino, imperturbables ante os contrarios ventos, fomos construíndo aos poucos este pequeno universo, este parapeto de lecturas, de reflexións sobre os libros. Como o náufrago que un bo día descobre unha pegada na area nós tamén descubrimos que a pegada do noso esforzo da bos froitos e que non estamos sós.
Moitas grazas, e, un curso máis, ¡FELICES LECTURAS!

domingo, 8 de junio de 2008

O noso club de lectura foi seleccionado



O vindeiro 25 de xuño celebrarase en Santiago de Compostela unha Xornada de Clubs de Lectura, destinada ao profesorado coordinador dos clubs de lectura creados en centros públicos que matriculan alumnado de ensino secundario, durante o curso 2007/2008, e que foran seleccionados segundo a convocatoria da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa para incentivar este tipo de actividades. En total, neste curso, recibiron apoio da consellería un total de 104 clubs de lectura, nalgúns casos con varios grupos en funcionamento, mesmo con participación, tamén nalgúns casos, dos distintos sectores da comunidade educativa. Nesta xornada poderanse coñecer varias destas experiencias, ademais de contar coa presenza de dúas persoas de referencia no ámbito dos clubs de lectura: a directora da Biblioteca Pública de Guadalajara, Blanca Calvo, e o escritor e narrador Pep Bruno.




O NOSO CLUB DE LECTURA VAI ESTÁR ALÍ.





¡¡¡¡CELEBRÁMOLO!!!!

domingo, 25 de mayo de 2008

Un libro moi especial

Dende hai uns días temos na biblioteca un libro moi especial que ven a aumentar a nosa colección sobre as Pontes, a engrandecer a nosa historia cun escritor de excepción, Jesús Cabaleiro Pita.
O libro titúlase Alende . Todos podemos disfrutar del pois ainda que os protagonistas son uns nenos de dez anos que viven unhas aventuras dentro da súa cotidianeidade nas Pontes dos anos 60, os maiores tamén sentimos o reflexo da nosa lembranza en cada unha das súas líneas.

O libro recibiu o recoñecemento do seu valor no II Premio de Literatura Infantil e Xuvenil "Pura e Dora Vázquez" e foi publicado pola Deputación de Ourense no ano 2005.


É tamén un libro dificil de conseguir pero hoxe témolo gracias a viuva do autor Mª Teresa Fontenla González, que tivo a ben doalo á nosa Biblioteca con unhas fermosas palabras de presentación que reproducimos aquí para que todos as podades disfrutar. Moitas Grazas.



"Mestre de galego e castelán, D Xesús Cabaleiro Pita, naceu e medrou nas Pontes. A casa onde viviu, estaba a carón das escolas públicas, e, preto do Campo da Feira ( hoxe, Xardíns do Concello). Nese entorno e na Presa de Alende, compartiu as súas vivencias de rapaz cos seus amigos. Co tempo, reflexounas neste conto, que entrego con cariño ao "IES MONCHO VALCARCE", para que sirva no lecer de entretemento, lembranza e coñecemento doutros tempos. A fin de que os alumnos disfruten da lectura.
Na súa memoria, a viuva: Mª TERESA FONTELA GONZÁLEZ. Maio 2008"




Queremos agradecer as xestións feitas polo seu irmán Antonio, profe de Bioloxía, que todos coñecedes, na procura deste obxectivo e tamén a súa colaboración desinteresada nas actividades desenvolvidas pola Biblioteca ao longo de todo curso.


domingo, 18 de mayo de 2008

Xornadas de poesía organizadas pola Biblioteca

No marco do Día das Letras Galegas, a Biblioteca organiza unha xornada adicada á poesía. Os alumnos de 1º e 2º da ESO son, neste caso, os protagonistas. Ofelia López, Gloria David e Santi Del Moral do grupo Alalá nos visitan para lernos algúns traballos e interactuar cos alumnos. Eles lerán poemas dalgúns membros deste grupo que non van poder estar con nós como Anibal Ánxel ou Gema Bermúdez e incluso de Xosé María Álvarez Blázquez, a quen todos os galegos lle rendimos homenaxe este ano.

Brais, Iria, Cristina, Alba, Julia, Noemí, son os nomes dalgúns alumnos que colaborarán nesta actividade. Uns lendo poemas, outras interpretando pezas musicales con piano, violín ou saxo entre os momentos das lecturas.

O 2007 Fran Alonso elaboraba cinco motivos para ler poesía, que nós queremos reproducir aquí.


1 A poesía non morde, non fai dano e, aínda que haxa quen pense o
contrario, non é aburrida, nin romanticona, nin cursi, nin difícil. E hai moitos tipos de poesía para que elixamos.

2 A poesía serve para ler, cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, declararse,
rebelarse contra o mundo ou únicamente para falar suave á orella. Tamén é un
somnífero para durmir ben, unha pastilla sen química que mellora a saúde e o
benestar, e relaxa as persoas. E serve,sobre todo,para explicar as razóns e as emocións que non veñen no diccionario.

3 Os poemas son como caixas de ferramentas, valen para todo: para sentilos,
manosealos, lelos, cheiralos, gardalos nun armario, ensucialos, para ligar, para poñelos enriba da cabeza, penduralos na parede, limpalos, recortalos, reescribilos, merendalos nun bocadillo de papel, ordenalos, metelos na neveira e lelos coa cabeza máis fría, ou deixalos sobre a cama para devoralos á noite, clandestinamente, cando todos se deitaron. Ademais, a poesía cura enfermidades como a impaciencia, os nervios, os pés planos, os enfados, a dor de cabeza, as feridas imprevistas, as dores de amor, as indixestións, a ansiedade e algunhas gripes.

4 A poesía está nas cousas que nos rodean a diario, na música, na amizade,
no supermercado, na risa, na moto, no váter, na esperanza, na rutina, nas cousas persoais, no calexón sen saída, no mar contaminado, na tristura, no teu barrio ,no ceo cuberto, no ordenador, nun berro, na paisaxe, na conversa e nas rúas. Onde ti queiras.

5 O importante da poesía non é obsesionarse con descifrala senón saber gózala, sentila e intuíla. Na poesía reconforta sentir o seu ritmo, a súa música, a súa sonoridade,os xogos de palabras que por veces nos deslumbran, as imaxes
fascinantes que nos ofrece. E tamén os seus enigmas. Poetizarse. En definitiva, facer da poesía un pracer.



sábado, 17 de mayo de 2008

2008 Ano Internacional dos Idiomas

Queremos facernos eco das verbas de Carlos Fernández, presidente da FEGAMP(Federación Galega de Municipios e Provincias) que dicía así:"saudamos a iniciativa de preservar e promover a riqueza lingüística e cultural de Europa que MIDAS (Minority Dailies association) desenvolve.

Os concellos compartimos a iniciativa de Nacións Unidas de proclamar 2008 como o Ano Internacional dos Idiomas" para fomentar o multilingüísmo, a unidade e a comprensión internacional".

Midas reúnese estes días en Compostela por iniciativa do xornal Galicia Hoxe. Esta asociación europea de xornais en linguas minoritarias e rexionais xurde no ano 2001 seguindo a proposta dos directores de máis de dez comunidades lingüísticas de Europa para coordinar as súas estratexias e estimular a cooperación para obter apoio das institucións europeas para as linguas minoritarias e os seus medios impresos. Hai que ter en conta que nós somos uns deses 45 millóns de persoas da UE que falamos nunha lingua distinta á lingua oficial.


ano internacional das linguas


A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 2008 Ano Internacional dos Idiomas para fomentar o multilingüismo, a unidade e a comprensión internacional.

A ONU recoñece así que o multilingüismo promove a unidade na diversidade e no entendemento internacional. Así mesmo, a Asemblea recoñeceu a importancia de protexer as distintas linguas, o que equivale a protexer as culturas e promovelas.


No mundo fálanse arredor de 6.000 linguas das que, segundo a UNESCO, un 50% está en perigo de extinción debido á globalización. Para resaltar este feito, e o importante que é para o mundo conservar o seu patrimonio lingüístico, xorde a idea de dedicarlle este ano ás linguas.


A iniciativa comezou a xestarse na Conferencia Xeral da UNESCO en París no ano 2005.


A Secretaría Xeral de Política Lingüística ten previsto abordar ao longo do ano diversas actuacións que contribúan a difundir o valor da diversidade lingüística na construción da convivencia mundial, como un elemento que define o ser humano e que é parte fundamental da riqueza cultural do planeta.


Ao longo de 2008, realizará unha completa exposición sobre o galego na diversidade lingüística. Por outra parte, no marco do protocolo de colaboración cos departamentos de política lingüística dos gobernos vasco e catalán, ten previsto abordar accións conxuntas para promover o multilingüismo e a diversidade das linguas do Estado.



Algunhas reflexións sobre o galego e as linguas

1. No mundo fálanse actualmente unhas 6.500 linguas. En Europa existen linguas de orixe moi diversa e de recoñecemento e usos tamén distintos. O galego, pola súa condición de lingua cooficial e polo seu amplo uso social, constitúe unha lingua de tamaño medio no ámbito europeo.


2. En España, o 40% da poboación vive nun territorio con outro idioma oficial ademais do castelán.


3. As linguas non son elementos inalterables; son estruturas vivas para comunicar e para expresar, que varían no tempo, no espazo, nos usos etc. O galego está sempre en marcha!


4. As linguas teñen todas o mesmo valor, pero outórganselles status distintos en cada momento da historia: o francés foi en tempos lingua da diplomacia entre os ingleses; o galego, lingua literaria das Cortes castelás; o italiano, lingua da ópera en Viena...


5. O multilingüismo considérase hoxe un valor de mercado: comprender e falar diferentes linguas constitúe unha oportunidade no mundo laboral, tamén en Galicia.


6. O coñecemento de máis dunha lingua supón contar con máis referencias para chegar a aprender outras. Desde o galego non é difícil acceder ao portugués, ao castelán, ao italiano, ao francés... Coñecelo ábrenos as portas ao mundo amplo que nos rodea!


7. En Europa, as linguas que non son oficiais dun estado denomínanse linguas rexionais ou minoritarias. Así e todo, existen múltiples casos, coma o galego, de linguas minoritarias que son maioritarias no seu territorio. Fala galego o 85% das persoas que viven en Galicia.


8. A través da lingua que falamos estruturamos o noso coñecemento do mundo. Os galegos fixeron evolucionar o latín nunha lingua propia para describir a súa realidade e expresar os seus sentimentos. Non é pouca achega a este mundo diverso!


9. A lingua galega conta cunha historia rica, con situacións cambiantes condicionadas polos acontecementos sociopolíticos de cada tempo. No medievo gozou do prestixio da lírica e da documentación formal; no século XVI foi eliminada dos usos administrativos e quedou como lingua da casa e dos camiños; no século XIX colle alento e faise máis presente nas actividades das clases acomodadas. Hoxe é lingua cooficial de Galicia, falada no Parlamento, na televisión, no hip hop ou na escola. E no futuro, sen cancelas!


10. O ruso é a lingua máis falada en Europa, xa que conta con 120 millóns de falantes, pero pola súa condición social e económica non se considera hoxe lingua estratéxica no ámbito económico. O número de falantes non é o único factor que determina a situación dunha lingua. E as linguas son importantes todas en tanto que todas as persoas son importantes.


11. A familia foi tradicionalmente a principal responsable da transmisión das linguas. Hoxe os medios de comunicación, a escola, a convivencia con falantes doutras linguas etc. son axentes tamén fundamentais na nosa sociedade. A lingua da casa complétase así co contacto con, polo menos, outra lingua. É unha oportunidade para familiarizármonos con varios idiomas desde pequenos!


12. Manter a diversidade das linguas do mundo é unha maneira de garantir a subsistencia da diversidade das culturas. Non temos que agochar a nosa lingua, que foi dos nosos avós e que será dos nosos netos. O galego goza de vitalidade. Os galegos temos futuro e a lingua vai connosco. E logo!


Outros organismos tamén traballan en prol da lingua (Mesa Pola Normalización Lingüística)

Carlos Callón, Manuel Rivas e Avelino Pousa Antelo ( 94 anos!!!) presentaron onte a campaña da Mesa para captar novos socios e "gañar a batalla a lingua". O autor de Os libros arden mal arremeteu contra os que disfrazan coa coartada do bilingüismo a súa antipatia polo galego.

TODOS PODEMOS DEFENDER A NOSA LINGUA!

Día das Letras Galegas, 2008


A Real Academia Galega decideu homenaxear no Día das Letras Galegas deste ano, 2008 a Xosé María Álvarez Blázquez nado en Tui o 4 de febreiro de 1915 e morto en Vigo o 2 de marzo de 1985 pola súa entregada adicación ás causas ideológicas e culturais de Galiza, pola súa curiosidade múltiple e pola súa incansable vontade pedagóxica.

Álvarez Blázquez pertece a Xeración de 1936 e foi especialmente coñecido como poeta en lingua galega e castelá, moitos dos seus poemas inspiroullos a morte dunha dos seis fillos, Mª Luisa, que tivera con Mª Luisa Cáccamo Frieben, pero tamén narrador e dramaturgo.

Ao ver que non tiñas nome
unca o s que serías
ventureiriña do monte.

Froleciña ventureira
que –ao millor-nasceu co orballo
nunha luzada de estrelas.

Coma andabamos a rir
-ventureiriña do monte!-
Chamamoste “Colorín”.

Roseira do teu mencer, 1950

A súa actividade intelectual abrangue, sen abandonar por completo a escrita creativa, dende os anos cincuenta á arqueoloxía, etnografía, ámbitos nos que se converte nun dos nomes máis relevantes en Galicia, xunto a Cuevillas, Bouza Brey ou Filgueira Valverde; á crítica literaria, ao periodismo, etc, e, incluso, á política, pois vai na candidatura polo Partido Galeguista nas eleccións municipais do ano 1983.

Algunhas das súas obras son:

• Os ruíns, conxunto de relatos que querían mostrar “a vida canalla i escura dos travesados, dos cativos, dos traspoleirados, tara da sociedade e podre do xénero humano”, en boca do autor pero con tono irónico (ano 1936).
• En el pueblo hay caras nuevas , novela finalista da primeira convocatoria do premio Nadal, en castelán de 1945
• El zapato de cristal e Los pazos altivos, dúas pezas teatrais de 1947, escritas en colaboración co seu irmá Emilio e que se representaron.
• Poemas de ti e de min, poemario dividido en dúas partes, unha del e outra de seu irmá Emilio, de 1949
• Roseira do teu mencer, poemas de 1950
• Escolma da poesía galega I: Escolma medieval galego-portuguesa de 1952
• Cancioneiro de Monfero, poesía de trobeiro, 1953
• Romance do pescador peleriño, catro páxinas para un poema do ano 1954
• Crecen las aguas, novela en castelán de 1956
• Escolma da poesía galega II: A poesía dos sécalos XIV a XIX, de 1959
• Sonetos del alba insomne, 1960,o seu peche como poeta
• A pega rabilonga e outras historias de tesouros, aportación á narrativa infantil de 1971.
• Escolma da poesía medieval, ano 1975
• Canle segredo, obtivo o premio “Eduardo Pondal”, poemas publicados en 1976, pero escritos entre 1951 e 1953

Este escritor foi cofundador da Editorial Monterrey en 1948 e fundador de Edicións Castrelos en 1967, recoñecido no Centro Galego de Buenos Aires co Premio Pondal de poesía en 1954, galardoado co Pedrón de Ouro en 1981, membro numerario da RAG, cronista oficial da cidade de Vigo e membro do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”.

Reproducimos O Ladroeiro xa , un relato de Os ruíns, que consideramos pode animarvos a ler algo máis deste autor humanista, poeta, narrador, intelectual entregado ao estudo e difusión de todo aquelo que nos identifica como pobo.

Era a unha da mañán e tornaban pra o casal os dous namorados. Casáranse faguía un mes, e gostaban de anduriñar os seus amores á brisa da noite i á lus do luar. Viñan xa cansos de percorrer os belidos arredores da anterga cibdade, e fóronse deitar, co sono nas palpebras.
Non ben findaran de se mergullar no liño mesto, cando un témero e abraiante espirro saíu de embaixo o leito.
-Antón!-berrou a muller.(Tiña na boca trinta e dúas castañolas).
-Serea, muller.

I o home chispouse ao chan.

-Saia de aí, señor. Abula, pronto!

I o outro surtiu:

-Peitogueime antronte, sabe? Ten un tan pouca roupa…
-Quen é vostede?
-Un probe home, señor.
-E que fai eiquí?
-Pois…vin roubar. Mais dimpois tomei medo.É a primeira vegada que o fago, sabe?, e non teño vezo1; non sei coma hei comenzar.
-Por onde entrou?
-Déixeme garda-lo segredo. Coido que non ha ficar ben o ladroeiro que conte todo.
-Boeno; pois agora, rúa. Veña conmigo.
-Señor!
-Que lle acontez?
-Teño tanta fame!
-Que lle imos faguer. Agora xa non me pode roubar.
-É certo.
-Rúa!
-Antón-dixo a muller, que deica entón tivera a chola asolagada no liño. I engadiu:
-Vai á despensa e dalle de comer.
-Deus llo premie!

I o témero saíu de alí a un chisco, rillando nun toro de queixo, incrustado no meio de unha codia de pan.

Os dous namorados durmiron aquila noite encheitos de ledicia. Il por terlle amostrado ao ladroeiro a súa xurdia inteireza; ila por lle ter ensinado o seu feitío lanzal.
--------------------------------------------------------------------------------------
1 Costume

Se che gustou , deixanos un comentario e si queres ler algo máis, pásate pola biblioteca.
Non che estrañe o seu galego, está escrito en 1936 e todos sabemos que a lingua está viva, cambia cada pouco pero ,é verdade que, cada un fala como quere ou como pode pero o máis importante e falar, NON PERDAS A TÚA LINGUA!